^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

O Centro de Información á Muller (CIM) da Concellería de Igualdade informa que se pon en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN EN LIÑA. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que xa levamos traballando estes últimos anos. 

Ao igual que en edicións pasadas os cursos serán gratuítos e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que as prazas serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición a través do rexistro do Concello ou da Sede Electrónica, sempre e cando se cumpran cos requisitos e se entregue toda a documentación correctamente.

A oferta formativa deste ano será:

  • A ensinanza do inglés para nenos/as de 1 a 3 anos (40h)
  •  Organización de actividades en institucións sociais (20h)
  • ­ Atención sociosanitaria a enfermos de Alzheimer (20h)
  • ­ Administracion electrónica 2021 (30h)
  • ­ Hixiene e manipulación de alimentos (5h)
  • ­ Igualdade de oportunidades (150h)

Engadir que só se poderá realizar un curso por persoa e cóntase cun total de 15 prazas por curso. A inscrición deberá formalizarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica do 26 de abril ao 5 de maio.

Para máis información acudir ao CIM, na Casa da Cultura, telf: 986 389 355 ou Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Por último, dicir que esta actividade é cofinanciada con cargo aos créditos recibidos pola Deputación de Pontevedra.

Podes descargar o formulario aquí:

documento icono.png

Desde o departamento do goberno local ofreceuselles un composteiro individual convidándolles a empregarlos para xestionar os restos orgánicos procedentes das comidas e merendas do alumnado e evitar que acaben no colector de fracción de resto.

Segundo confirman desde o departamento do Medio Ambiente “a resposta foi moi positiva e maioritaria, demostrando a súa implicación en actividades que permitan sensibilizar ás novas xeracións na loita contra o cambio climático e a defensa da riqueza natural do noso concello”.

Desde o goberno local poñerase ao dispor dos colexios que o soliciten un composteiro individual de 300 litros onde poderán reciclar os residuos orgánicos que se xeneren nel. Así mesmo tamén se lles pon á súa disposición compost procedente dos centros comunitarios de Gondomar, en caso de que nos seus proxectos escolares teñen a intención de poñer en marcha unha horta escolar.

Por último, a iniciativa impulsada por Medio Ambiente contempla a posibilidade de impartir charlas formativas nos centros educativos, tanto ao profesorado como ao alumnado, para explicar o correcto uso e mantemento do composteiro, tal e como xa se realizou no CEIP Neira Vilas, respectando en todo momento as medidas de seguridade sanitarias recollidas na normativa COVID19.

Nova entrega composteiros veciñanza

A iniciativa súmase as campañas de aposta pola compostaxe que se veñen desenvolvendo dende o inicio da lexislatura dende a concellería de Medio Ambiente, dirixida por Brais Misa, como é o reparto de composteiros individuais á veciñanza que os solicitou. Este mesmo mércores entregouse unha nova decena deles que se suman aos preto dos 300 que ata o de agora repartirónse entre aquelas persoas interesadas en reciclar os seus residuos orgánicos con este sistema.

Gondomar súamase un ano máis á celebración do Día Mundial do Autismo que, como cada dous de abril, celébrase co obxectivo de concienciar e sensibilizar a sociedade sobre o autismo e as personas que tenen este transtorno. Este ano celébrase a xornada baiso o lema “Podo aprender. Podo traballar”, co que se quere suliñar a importancia da educación e o Emprego como eixes para garantir a mellora de calidade de vida das persoas con Transtorno de Espectro Autista (TEA) e as súas familias.

Como anos anteriores tamén se tingue de azul, sumándose así a campaña de iluminación coa cor que identifica o TEA, o azul, dos edificios máis representativos do concello, iniciativa que secundan más de 400 municipios de toda España.

Lograr unha sociedade xusta e na que a inclusión sexa unha realidade é un traballo de todas e todos.

906a9dd2-ec7d-4286-ab39-8920b6fda4fc.jpg

d8130f47-9e2e-41b4-8356-d147b5331994.jpg

O Boletín Oficial de Pontevedra publica hoxe as bases das axudas en réxime de concorrencia non competitiva que teñen como obxecto “contribuír ao mantemento dos negocios, afectados pola pandemia, que representan unha parte esencial da economía, crecemento e desenvolvemento local”.

Os interesados poderán presentar a súa solicitude a partir de mañá e nun período de 30 días naturales a través do Rexistro Xeral do concello, formalizando a petición da axuda a través dos modelos normalizados nos anexos I a IV incorporados as bases (que poden descargarse na páxina www.concellodegondomar.gal ou na Sede electrónica). Poderán acceder a elas as empresas do sector da hostalaría que pechase ou vise truncada a súa actividade temporalmente nos negocios establecidos en Gondomar; os taxistas con licenza municipal e domicilio fiscal do vehículo no municipio e aquelas pequenas empresas (menos de 20 empregados) e autónomos cuxa actividade tamén se vise truncada pola pandemia.

En total o goberno de Paco Ferreira poñerá a súa disposición 100.000 euros procedentes da modificación orzamentaria en modalidade de crédito extraordinario financiado con remanente de Tesourería. A súa concesión será en forma de axudas directas: 1000 euros a restaurantes e salóns de banquetes de ata 250 m2 e de 1.200 euros no caso de que a superficie sexa superior. Cafeterías e bares, que cumpran os criterios recollidos nas bases, subvencionaranse con 1000 euros, cantidade que será de 100 euros no caso dos taxistas e de 300 para os autónomos ou empresas pertencentes ao comercio menor.

Tras máis dun ano de pandemia e continuos peches obrigados polas restricións sanitarias no control do avance da covid19 son moitos os negocios que se viron afectados e “desde o noso goberno non nos quedamos nin quedaremos cos brazos cruzados ante as necesidades da nosa veciñanza, e por iso seguiremos promovendo iniciativas e axudas que permitan a súa recuperación para facer fronte á crise socioeconómica á que nos enfrontaremos unha vez superemos a sanitaria”, afirma Paco Ferreira.

O rexedor lembra “que non é unha competencia propia ou delegada dos concellos este tipo de subvencións, pero ante a falta de resposta máis directa e eficaz por parte doutras administracións non podemos abandonar aos nosos hosteleiros e comecirantes. Ademais -lembra- nestes casos todos debemos remar na mesma dirección”.

Confía en que a concesión destas axudas sirvan para dar un respiro á economía local destacando que hai que ir máis aló da dinamización e a creación de maior número de empresas, e aposta por traballar desde o deseño de mecanismos necesarios para que sobrevivan as que xa están en marcha “vitais para a recuperación do emprego, polo que todas as iniciativas que apunten nesta dirección deben ser unha prioridade para nós como goberno”, conclúe Paco Ferreira.

O obxecto das axudas reguladas nesta convocatoria é contribuír ao mantemento dos negocios, afectados pola pandemia, que representan unha parte esencial da economía, crecemento e desenvolvemento local.

A realidade socioeconómica pon de relevo que non só é importante dinamizar e tratar de que se cree o maior número de empresas posible senón tamén deseñar os mecanismos necesarios para que as empresas creadas poidan sobrevivir. Estas empresas son vitais para unha recuperación do emprego e esta debe ser unha prioridade fundamental.

O prazo para a entrega das solicitudes será do 1 ao 30 de abril, inclusive ambos.

Para calqueira duda poden contactar:

CDL Gondomar: 986 38 40 20

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Aquí deixamos o documento coas bases: 

documento icono.pngBases específicas da concesión.pdf

Promovida pola concellería de Medio e Transición Ecolóxica esta adhesión súmase ás distintas iniciativas e políticas que desde este departamento veñen promovendo para garantir a sustentabilidade de Gondomar e un uso máis racional e seguro para a contorna natural, en concreto, e para garantir a saúde do medioambiente en xeral.
“É unha das prioridades que se marcou o noso goberno -asegura o rexedor Paco Ferreira- quen sinala que a responsabilidade da defensa do planeta non debe recaer só na cidadanía, é un labor conxunto da sociedade na que as administracións tamén debemos contribuír de forma directa na loita contra o cambio climático”.
Por iso este sábado 27, ademais de apagar durante unha hora os edificios e monumentos máis representativos do Concello de Gondomar, como promove a iniciativa “A Hora do Planeta”, nesta ocasión ampliarase ao centro urbano do municipio sumándose a Praza Paradela, as rúas Portugal, Párroco Mariño, Rosalía de Castro e o Parque da Coelleira.
A Hora do Planeta é unha iniciativa que, promovida por WWF naceu en Sidney en 2007, cidade desde a que se estendeu a 187 países. Na actualidade converteuse nun movemento mundial do que forman parte miles de cidades e concellos, como é o caso de Gondomar, de 200 países, que apagaron máis de 17.000 monumentos.
Desde o concello anímase a veciñanza a sumarse á Hora do Planeta e apagar entre as 20.30 e 21.30 da tarde as luces, un símbolo co que se quere lembrar desde a organización “que a natureza é o sistema de soporte vital do planeta e que debemos defendela para salvagardar a súa saúde, e á vez a nosa propia e o benestar”.

Hora-Planeta-apaga-medio-ambiente_2216488347_7618446_1300x731.png

O grupo parlamentario do PSdeG-PSOE presentou unha iniciativa neste sentido esixindo a reconfiguración da zona para resolver os importantes problemas de tráfico.

O alcalde de Gondomar recibiu hoxe á deputada socialista Leticia Gallego que anuncio a presentación dunha iniciativa parlamentaria instando á Xunta a reconfigurar a zona “para resolver os problemas de tráfico e mellorar o espazo urbano de Gondomar”, medida que se adopta xunto a outras no Parlamento galego “tras rexeitar as enmendas aos orzamentos 2021 nas que se pedíase ao goberno autonómico que incluíse a partida para esta demanda histórica do municipio”.
Unha idea na que tamén incidiu o rexedor gondomareño, Paco Ferreira, que lembrou que é responsabilidade da Xunta actuar na zona “ao ser a intersección da PO-331 e a PO-340 ambas de titularidade autonómica e porque estamos a falar dun punto negro no que se rexistran moitos accidentes ao longo do ano, polo que insistimos en que é necesario, urxente e moi importante que se acometa a súa remodelación”.
Paco Ferreira lembrou que son moitas as ocasións nas que se trasladou esta cuestión á Consellería de Infraestruturas e que “seguimos sen resposta”. Explicou que no punto conflúe o tráfico procedente do Baixo Miño, Ramallosa e Vigo desembocando “nunha rotonda inexistente, que non se adapta ás normativas vixentes e na que a non hai sinalización vertical de xiro. Máis que unha rotonda podemos dicir que os coches acceden a un obstáculo”, manifestou Paco Ferreira.
Reiterou, xunto á deputada Leticia Gallego, que a Xunta “non pode delegar a súa responsabilidade e debe atender esta petición coa que só que quere acabar cun punto negro na circulación e garantir unha mobilidade segura”. Nese sentido, Paco Ferreira explicou que “dende o concello de Gondomar reivindicamos pero tamén estamos dispostos a axudar ou formar parte dun convenio de colaboración coa Xunta, na que como titular do vial, comprométase a asumir o investimento necesario”.
Desde o executivo de Paco Ferreira déronse xa pasos á espera de que a Consellería de Infraestruturas responda, e elaborouse un informe que sinala que “o punto se converte nun cruzamento de vías crave para o pobo de Gondomar e para o Val Miñor,en xeral. A súa actual morfoloxía de encontro non permite que exista fluidez nos movementos debido ao reducido diámetro da rotonda, que impide o xiro de vehículos de grandes dimensións; o mínimo espazo do carril de circulación que impide a entrada e circulación de varios coches á vez na rotonda, ou a ausencia de carril de desvío de tráfico en caso de aumento de afluencia”.
Sobre a mesa unha proposta para solucionar este problema que supoñería a actuación sobre unha superficie de 3000 metros cadrados e un investimento aproximado de 725.000 euros que, “a Xunta debería incluír nos seus orzamentos porque se trata de estradas de titularidade autonómica e o único que buscamos e grantir a seguridade das persoas”, concluíu Paco Ferreira.

2O4A6534.jpg

WhatsApp Image 2021-03-25 at 14.55.21.jpeg

 

O certame, organizado pola concellaría de Comercio e Turismo, que dirixe Rocío Goberna, púxose en marcha como unha iniciativa para promover a dinamización do sector e o consumo na hostalería local ante a difícil situación que vive como consecuencia da pandemia e as continuas restricións ás que se viu sometida. O segundo premio recaeu sobre a xamonería “Catro Camiños”, mentres que “Terra, uva e cebada” fíxose co terceiro.
O acto de entrega dos galardóns celebrouse este martes e nel o rexedor, Paco Ferreira, agradeceu o esforzo e gran traballo que está a facer a hostalería de Gondomar “nestes momentos difíciles que nos están tocando vivir a todos e todas” e nos que, asegurou, “o noso goberno estará ao voso lado promovendo axudas e iniciativas que permitan que esta travesía sexa máis fácil para todo o sector”.
Así lembrou que recentemente se aprobou unha partida de 100.000 euros para axudas directas a hostalería e o sector do taxi ás que se suman ideas como este Concurso de Tostas de Outono que “tiña como obxectivo fomentar o consumo nos establecementos de Gondomar que concursaban, xa que os usuarios que votaron entraban nun sorteo no que os gañadores serían premiados con vales de 200 euros, 100 e 50 euros que deberán gastar nos establecementos gañadores”.
O primeiro premio recaeu sobre a tosta “Mar e Terra”, con 590,5 votos, na que se combinaban os produtos da terra cos de tempada combinando sobre unha rebanada de pan de centeo, ventresca, piquillo, noces, parmesano e balsámico de módena. Unha tosta que leva aparellada a entrega da “chaquetilla de chef” oficial do certame e a posibilidade de encabezar o cartel de promoción da seguinte edición.
O “Bocado do Monte” da xamonería “Catro Camiños” obtivo un total de 556.5 votos, o que lle otorgou o segundo posto, e “Terra, Uva e Cebada” con 496 papeletas ocupou o terceiro lugar coa súa tosta de Mencía e Figos. Ambos recibiron un diploma acreditativo.
No acto de entrega tamén estiveron os clientes premiados que obtiveron 200 euros, 100 e 50 euros en vales que poderán utilizar en concepto de cea, comida e xantar nos tres establecementos que accederon ás mellores puntuacións, isto é os 200 euros corresponden ao primeiro premio, os 100 ao segundo e os 50 ao terceiro.
O alcalde Paco Ferreira destacou a gran acollida que tivo esta primeira edición do Concurso de Tosta de Outono de Gondomar no que participaron preto dunha quincena de establecementos cunha oferta variada e orixinal, e expuxo a súa confianza en que o próximo ano este número de participantes crezca.

164007805_2791035574492320_8509329607660862493_o.jpg

"O seu labor é coñecida e admirada por todos e todas, e a súa entrega e dedicación aos integrantes da asociación Discamino, e as persoas con discapacidade, é un referente", asegura o alcalde, Paco Ferreira, que subscribiu o manifesto de apoio á candidatura ao Premio Princesa de Asturias da Concordia.
A súa dedicación ás persoas con discapacidade arrinca no 1996 compatibilizando o seu traballo de policía local co de adestrador de atletismo a usuarios da ONCE. Aí nace a idea de "Discamino".
A Asociación, con once anos de vida, permitiu que 115 persoas con discapcidade puidesen realizar o Camiño de Santiago e vivir esta experiencia. Unha iniciativa que xunto á traxectoria vital de Javier Pitillas lévanos a apoiar esta candidatura por entender que sería un merecido recoñecemento.
Grazas polo teu traballo e exemplo
#Discamino #PitillasCandidatoPremioConcordiaPrincesaAsturias #Gondomar

Fotos: faceb Javier Pitillas

28336231_2100271290259870_6473551014656933283_o.jpg

A programación arrincará o vindeiro sábado 27 de marzo e prolongarase ata o 01 de maio cun total seis representacións e cuxas entradas se poderán adquirir a partir de hoxe mesmo a través do despacho de billetes electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal que Gondomar estrea esta temporada para garantir total seguridade no cumprimento da normativa covid19 e facilitar o acceso ás entradas.
Desta maneira facilitarase a adquisición de entradas de forma telemática evitando o uso de papel e empregando un código QR que servirá para acceder ao teatro o día da función. O prezo oscilará entre os 2,5 euros (espectáculos familiares) e os 3,5 euros (teatro para adultos) e poderán retirarse para calquera das seis obras previstas na programación.
O espectáculo familiar ¡Ciencia que alimenta! de Compañía Rota e Descosida dará o pistoletazo inicial á programación teatral de primavera en Gondomar este próximo sábado 27 de marzo ás 18.00 horas da tarde, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro. A ela sumaranse “O Mel non caduca” de Iboprufeno Teatro (03 de abril); “Despois das ondas” de Butaca Zero (10 de abril); “Italiano Grand Hotel” de Cia La Tal; “Zampalibros" de Sarao Animación (24 de abril); e, “Pyka” de Cinema Sticado (01 de maio).
“Buscouse unha programación pensada para todos os públicos, para familias e para adultos, nun apoio claro que desde un principio tivo este concello co mundo da cultura e todos os seus integrantes ante as consecuencias xeradas pola covid19 neste sector”, manifesta o alcalde, Paco Ferreira, quen subliña que “son miles os empregos que xera anualmente e debemos estar ao seu lado, na medida do posible, porque a cultura é segura”.
¡Ciencia que alimenta! con Carlos Godoy e Cecilia Vázquez sobre o escenario, levantará o pano da programación teatral de primavera en Gondomar o próximo sábado. Sobre as táboas do Auditorio Municipal Lois Tobío os artistas demostrarán ao público que a ciencia non entende de xéneros e que está ao alcance todas e todos.
As entradas xa están á venda (2,5 euros) no despacho de billetes electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal activo desde hoxe martes e no que tamén se poderán consultar o resto de representacións, os seus horarios e adquirir as entradas se así se quere.

photo_2021-03-23_14-00-39.jpg

Rss