Araceli Regueiro Pereira

Concelleira de educación

Teléfono

986 360 125

email

araceli.regueiro@
concellodegondomar.gal

Enderezo

Praza Doctor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra

Sobre Araceli Regueiro

O departamento de Educación mantén unha relación continua e directa cos responsables dos Centros Educativos do municipio para atender as súas demandas e necesidades, centradas sempre en lograr a maior comodidade para os estudantes, así como crear lugares nos que poidan desenvolverse adecuadamente en todos os aspectos.

Tarefas de mantemento e vixilancia das instalacións súmase a participación nos Consellos Escolares Municipais, para recoller de primeira man as inquietudes do colectivo educativo.  Xestiona a Biblioteca Municipal do concello, promovendo actividades de fomento á lectura para a cidadanía, así como atendendo as distintas axudas ou subvencións ás que acceder para dotar dos medios necesarios tanto materiais como bibliográficos.

Esta concellería atende tamén o Conservatorio Municipal de Música de Gondomar, non que cursan estudos musicais rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos.