Jose Luis Alonso Troncoso

Concelleiro de Parques e Xardíns e Espazos públicos

Teléfono

986 360 125

Email

espacios.publicos@ concellodegondomar.gal

Enderezo

Praza Doctor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra

Sobre Jose Luis Alonso

Cada día máis, os espazos verdes convertéronse nun elemento estructurador das nosas localidades, por iso as zonas naturais requiren unha atención continua e adecuada na medida de que constitúen un condicionante obrigada na formulación de desenvolvemento: os espazos libres públicos e zonas verdes forman parte do espazo comunitario, á vez que constitúen un escenario de urbanidade e convivencia.

Partindo desta filosofía esta concellería centra a súa actividade no mantemento dos múltiples lugares verdes e de arbolado que existen en Gondomar, adaptando os sistemas de rega ás condicións do espazo e elementos vexetais do municipio.

Así mesmo, establécese o coidado das zonas previstas para o goce dos cidadáns que se dotan dos elementos de equipamento suficientes para facilitar o seu uso, mantemento que recae á súa vez nesta concellería, que ademais do control das zonas verdes en xeral presta atención aos elementos que as compoñen como son as plantas, céspedes, bancos, parques infantís e demais mobiliario urbano.