Jose Manuel Chamorro González

Concelleiro de Vías Obras, Alumeado e Servizos de Seguridade e Tráfico

Teléfono

986 360 125

Email

jmchamorro@
concellodegondomar.gal

Enderezo

Praza Doctor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra

Sobre Jose Manuel Chamorro

Cunha extensión de 75 quilómetros cadrados e dez parroquias son moitas as cuestións que se deben atender en materia de servizos e saneamento, cuxo control e modernización asume este departamento coa execución de obras e políticas que apostan pola mellora das necesidades por parte da veciñanza neste ámbito.

A iso súmase a mellora dos puntos de iluminación e o control do seu correcto funcionamento, apostando en todo momento pola modernización e instalación de novos elementos máis acordes con políticas de aforro enerxético e de defensa do medioambiente.

 Respecto ás responsabilidades de seguridade e tráfico está á fronte da organización e control da policía local, así como das distintas actuacións que se desenvolvan no municipio centradas en garantir a mobilidade máis inclusiva e segura, a seguridade viaria e a ordenación do tráfico.