Paco Ferreira

Alcalde de Gondomar

Teléfono

986 360 125

email

alcalde@
concellodegondomar.gal

Enderezo

Praza Doctor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra

Saúda do Alcalde

Como alcalde de Gondomar é un pracer facer chegar este saúda a través da nova páxina web do concello de Gondomar coa que queremos lograr unha maior interacción cos nosos veciños e veciñas da que xa mantemos neste momento.

As súas demandas, o seu benestar e os seus intereses son sempre prioridades deste goberno que presido e que se define por ser aberto, comunicativo, transparente e participativo, características que trasladamos a esta páxina coa que buscamos facilitar un instrumento útil de comunicación e de servizo coa nosa veciñanza.

Nela poñeremos, de forma sinxela, á súa disposición as ferramentas necesarias para poder facer a maioría dos trámites co Concello a través do teléfono móbil, computador ou  tablet. Ademais, quérese converter nunha xanela aberta para dar a coñecer que pasos imos dando desde o goberno local nos distintos proxectos e iniciativas que temos en marcha para converter Gondomar nun referente.

Máis aló do acceso garantido á sede electrónica, ao portal de transparencia ou aos servizos que precisen de documentación administrativa, tamén facilitaremos a través desta nova web as últimas noticias relacionadas con Gondomar, así como os eventos tanto culturais, sociais, turísticos ou deportivos que desenvolvamos nela e que poidan resultar de interese das persoas que se asomen a ela.

Unha páxina que nace con vocación de futuro e de converterse nun escaparate a través do que Gondomar supere as súas fronteiras e as da comarca, para chegar a todos os recunchos de España e dar a coñecer os moitos atractivos turísticos, etnográficos e naturais que nos fan especiais,  un destino para ter en conta por propios e alleos, onde o verde e a natureza ofrecen a desconexión necesaria que moitas veces buscamos, sen afastarnos do mar ao estar integrados Val Miñor e separarnos apenas uns quilómetros das costas das Rías Baixas.

Desde a páxina queremos mostrar a todos e todas o noso municipio un lugar moderno e dinámico no que vivimos persoas amables, acolledoras e solidarias, un lugar ideal para visitar en calquera momento do ano. Convídovos a facelo presencialmente e mentres iso non ocorra a través desta páxina na que poderedes descubrir Gondomar.

Francisco Ferreira González

Alcalde de Gondomar.