^ Ir arriba

Acceso á Sede Electronica do Concello de Gondomar  bandos-municipais-ml  taboleiro-de-anuncios-lateral  perfilcontratante off  gondomar  Actas-dos-Plenos  Descarga-de-Impresos normativa-municipal normativa-municipal

Últimos vídeos

Gondoverán é un programa de lecer e tempo libre preferentemente para fillos e fillas de familias traballadoras, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

I.- BENEFICIARIAS/OS. REQUISITOS
Preferentemente 100 rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nacidos entre os anos 2006 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2016 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia).
En caso de quedar prazas serán admitidos doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar.
En caso de que o/a menor precise apoio derivado da súa diversidade funcional, deberá facelo constar na folla de inscrición, especificando o máis posible as necesidades especiais que presente.

II.- SOLICITUDES
2.1 Normas para cubrir os impresos
A solicitude deberán estar asinada polos pais/nais ou titores legais do/a
menor.

2.2 Lugar e presentación das solicitudes e da documentación
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar de luns a venres de 8.30 a 14h ou a través da sede electrónica

2.3 Prazos
Presentación de solicitudes: do 7 ao 21 de maio ata as 14 horas a través do Rexistro Xeral do Concello de Gondomar ou ata as 24h a través da Sede Electrónica.

III.- PREZO DE GONDOVERÁN
O prezo será de 65€ por neno/a
Prazo de presentación de pagamento: do 4 ao 7 de xuño

IV.- HORARIO DE GONDOVERÁN
Gondoverán levarase a cabo durante todo o mes de xullo e terá como sede un Centro Educativo de Gondomar. O seu horario de funcionamento será de 9.00 a 14.00 horas con posibilidade de incorporación de 8.00 a 9.00 horas e de saída de 14.00 a 15.00 horas.

V.- PROCEDEMENTO PARA ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS, PUBLICACIÓNS LISTAXES ADMITIDOS/AS E LISTA DE ESPERA. PAGAMENTO DO PREZO
As 100 prazas serán adxudicadas por rigoroso orde de entrega de documentación no rexistro municipal ou sede electrónica, para aquelas solicitudes que entregaran correctamente toda a documentación dentro dos prazos establecidos.

As listaxes de admitidos/as publicarase no taboleiro do Concello e na páxina web (www.concellodegondomar.gal).

Prazos:
Publicación provisional da listaxe de admitidos/as: 24 de maio Reclamacións: do 27 ao 29 de maio

Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as: 3 de xuño
Prazo de presentación do pagamento: do 4 ao 7 de xuño
Comunicarase o resultado dos/as participantes seleccionados por teléfono e/ou por enderezo electrónico

Listaxe de agarda
As vacantes que se produzan por renuncia ou por calquera outro motivo ofreceránselles aos solicitantes que figuren na lista de espera. As renuncias non se incluirán na lista de espera e contactarase cos suplentes por teléfono ou enderezo electrónico dende o CIM.
Prazo de presentación do pagamento do 1 ao 8 de xuño: unha vez aceptada a praza presentarase o xustificante de pagamento nas dependencias do CIM entre o 1 e o 8 de xuño, en caso contrario a praza será ofertada ao seguinte da lista de espera.

VI.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
 Solicitude de praza ou prazas.
 Autorizacións e observacións médicas.
 Obrigas do campamento asinadas polos pais ou titores/as legais.
 Fotocopia dos DNI dos pais ou titores/as legais.
 Fotocopia do libro de familia ou DNI do/a menor.
 Fotocopia dos DNI das persoas autorizadas á recollida do/a menor
(sempre e cando sexan persoas distintas dos pais ou titores/as legais)
 Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a menor ou seguro médico privado.
 Volante de empadroamento da unidade familiar.
 De ser o caso, xustificación da ocupación actualizada dos pais ou titores
(fotocopia da última nómina, certificación de empresa, vida laboral ou calquera outra tipo de documentación que acredite dita situación, no caso de traballadores por conta allea; ou do último recibo do pagamento da cota á seguridade social no réxime especial de traballadores por conta propia, no caso de traballadores/as autónomos/as).

VII.- PUBLICIDADE E PRAZO
A publicación das presentes bases, xunto coa correspondente convocatoria, realizarase no taboleiro do Concello e na páxina web municipal.
Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adoptan na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado si transcorre outro mes sen contestar; neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso- administrativo perante o Xulgado do Contenciosos Administrativo tal como prevé o artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición concencioso- administrativa, no prazo de dous meses.

ANEXOS

Temas

axudas-offcultura-offemprego-off

deporte-offemprego-offprocesos-selectivos-off

Novas destacadas

  • Campus deportivos
    A Concellería de Deportes do Concello de Gondomar, en colaboración cos clubs deportivos, poñen en marcha distintos campus entre os meses de xuño e setembro, tenis, baloncesto, patinaxe artística, tenis de mesa, fútbol sala, tiro con arco, fútbol, ximnasia acrobática, balonmán, atletismo, bolos celta, iudo, skate camps e xadrez. Apúntate…
  • Residencias xuvenís para o curso 2019/20
    A Consellería de Política Social lanza 216 prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería para o curso 2019/20. Estableceranse as bases reguladoras para a adxudicación de prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de concorrencia competitiva. Prazas para estudantes e prazas para traballadores/as, con idades…
  • Día das Letras Galegas en Borreiros
    Celebración do Día das Letras Galegas no Centro Cultural de Borreiros. Este 17 de maio a partir das 18:00h, con actuacións musicais.
  • Día das Letras Galegas en Vincios
    Este 19 de Maio, a partir das 12:00h no Centro Cultural de Vincios, Celebración do Día das Letras Galegas. Con actuacións de baile e actuacións musicais.
  • Ensinanzas de réxime especial
    A Concellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para o acceso a ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática, Estudos Superiores de Música e Estudos Superiores de Deseño.
  • Modelos de solicitude de comedor escolar
    Modelos de solicitude de comedor escolar (solicitude normal e de emerxencia social) e fichas de comedores para descarga e presentación. 01ficha_de_comedor_escolar.pdf 2solicitdues_comedor_e_material_escolar.pdf 3solicitude_de_comedor_escolar.pdf
  • Programa de mobilidade trasnacional
    A Xunta de Galicia convoca o programa de mobilidade trasnacional, para a realización de prácticas formativas non laborais. REQUISITOS: ter 18 anos cumpridos, estar inscrito no programa de Garantía Xuvenil.

Destacados

 

PXOM

banner apasaxe2

concelleria deportes

valmiemprega 

google play gondomar

Carteleira

Facebook

Twitter