^ Ir arriba

últimos vídeos

Programa de Respiro Familiar

 Programa de Respiro Familiar

Poderán participar neste programa, as persoas maiores de 16 anos con recoñecemento de discapacidade ou de dependencia (grao II ou III) e aqueloutras que, non podendo acreditar os requisitos anteriores, requiran da atención dun coidador, á vista do informe médico e social que acompañan, e que ademais cumpran as seguintes condicións:

•             Ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.

•             Non estar afectado por enfermidade en estado agudo nin se atopen en fase terminal.

•             Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa, trastornos mentais ou condutuais graves e non compensados que poidan alterar a convivencia.

•             Efectuar a oportuna solicitude e o pagamento do prezo estipulado nas condicións que se lle indiquen.

Duración das estadias:

Modalidade de estadías quincenais

A estadía terá unha duración máxima de 15 días (14 noites) e poderase prorrogar unicamente en circunstancias excepcionais ou cando a persoa con dependencia teña recoñecida a libranza de coidador do SADD; neste caso contará cun máximo de 45 días ao ano, sempre e cando non dispoña xa da compatibilidade do respiro con outro recurso, (segundo o establecido no artigo 64.5, puntos b), c) e d) da Orde do 2 de xaneiro de 2012).

Modalidade de estadías de fin de semana

Esta modalidade aplicarase unicamente para estadías de fin de semana completo (un fin de semana ao mes), considerando como tal a entrada o venres a partir das 19:00 h. e a saída o domingo antes das 19:00 h.

Contémplase, como excepción, a posibilidade da estadía en día festivo (un como máximo), que poderá cadrar ou non unido ao fin de semana. O horario de entrada é o sinalado no apartado anterior e computándose como unha estadía dun día completo.

Coa finalidade de posibilitar o acceso ao programa ao maior número de solicitantes posible, se unha persoa xa se beneficiou dunha estadía de fin de semana, unicamente se lle poderá conceder outro fin de semana completo cada dous meses, por circunstancias excepcionais debidamente acreditadas.