^ Ir arriba

últimos vídeos

A Praza de Abastosexterior-praza-de-abastos

Este pequeno mercado municipal está resolto cunha potente idea arquitectónica que mostra con escasos recursos é posible como realizar unha obra duradeira, funcional e fermosa.

O mercado está composto por unha serie de módulos hexagonais, conectados entre se, construídos con pezas de pedra e formigón e cubertos por unha lixeira estrutura metálica, cun único apoio central, a xeito de paraugas, que abre as súas varas ata apoialas no perímetro superior do muro de peche.posto-praza-de-abastos

Os espazos resultantes son moi flexibles, xa que permiten o crecemento do mercado, engadindo novos módulos, e as súas condicións de iluminación, ventilación e seguridade son óptimas.

Na praza de abastos de Gondomar pódense adquirir unha ampla oferta de produtos frescos e artesáns.

Dispón de numerosos postos especializados en carnes, peixes, verduras cunha coidada variedade dos mellores produtos do noso concello.