^ Ir arriba
Monday, 03 April 2017 13:33

Valmiemprega Xove, Obradoiro de Emprego promovido polo Concello de Gondomar en colaboración cos municipios de Baiona e Nigrán, e que conta co cofinanciamento de Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, ven de rematar as súas actividades.

Monday, 03 April 2017 13:29

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” ven de rematar o deseño de abundante material informativo en tres idiomas para a promoción turística do Val Miñor e de determinados recursos dos concellos miñoranos.

Monday, 20 March 2017 09:42

Valmiemprega Xove, Obradoiro de Emprego promovido polo Concello de Gondomar en colaboración cos municipios de Baiona e Nigrán, e que conta co cofinanciamento de Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, ven de rematar o seu programa de actividades en centros escolares do Val Miñor.

Tuesday, 07 March 2017 19:42

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” ofrece os vindeiros días 14 e 17 de marzo unha serie de actividades en colaboración coa Concellería de Turismo de Baiona. Ditas actividades serán realizadas por alumnos e alumnas da especialidade de promoción turística que se cursa neste Obradoiro.

Tuesday, 07 March 2017 19:35

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” ofrece os vindeiros días 9 e 10 de marzo unha serie de actividades en colaboración coa Concellería de Turismo de Nigrán. Ditas actividades serán realizadas por alumnos e alumnas da especialidade de promoción turística que se cursa neste Obradoiro.

Tuesday, 07 March 2017 18:40

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” en colaboración coa Concellería de Turismo de Gondomar ofrece o vindeiro xoves día 16 de marzo ás 20 horas na Sala multiusos do Centro Neural (sede da Policia Local) a charla divulgativa “Percorrendo o Val Miñor”.

Friday, 10 February 2017 11:03

O Concello de Gondomar inicia as actividades do 400 centenario do Conde de Gondomar D. Diego Sarmiento de Acuña, con unha visita guiada dos alumnos do Obradoiro Valmiemprega Xove o día 17 de febreiro.

Tuesday, 07 February 2017 15:26

OBRADOIRO DE EMPREGO “VALMIEMPREGA XOVE”


O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” é un proxecto de emprego-formación promovido polo Concello de Gondomar no marco dun acordo cos municipios de Baiona e Nigrán, co fin de reforzar as políticas activas de emprego e poñer en marcha na comarca un programa centrado na promoción turística do Val Miñor. Cunha duración de seis meses, desenvólvese entre o 26 de setembro de 2016 e o 25 de marzo de 2017.


Foi concedida subvención para a execución deste proxecto por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, de acordo coas bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluidas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.


O proxecto está cofinaciado pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.


O alumnado-traballador (15 persoas) deste Obradoiro de Emprego recibe formación na especialidade de Promoción turística local e información a visitantes, desenvolvendo prácticas na materia e colaborando na prestación de servizos e na realización de produtos de información e promoción turística, que van ter por obxecto estudar as potencialidades do territorio e do sector, apoiar as accións de información e promoción turística que se levan a cabo na actualidade e contribuir a reforzar a imaxe turística do Val Miñor e a complementariedade dos seu recursos e das accións para o desenvolvemento turístico que se realizan desde os concellos.

Captura de pantalla 2016 11 14 a las 17.01.50