^ Ir arriba
Tuesday, 07 February 2017 15:26

VALMIEMPREGO, Mellorando a empregabilidade do Val Miñor

Written by
Rate this item
(0 votes)

OBRADOIRO DE EMPREGO “VALMIEMPREGA XOVE”


O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” é un proxecto de emprego-formación promovido polo Concello de Gondomar no marco dun acordo cos municipios de Baiona e Nigrán, co fin de reforzar as políticas activas de emprego e poñer en marcha na comarca un programa centrado na promoción turística do Val Miñor. Cunha duración de seis meses, desenvólvese entre o 26 de setembro de 2016 e o 25 de marzo de 2017.


Foi concedida subvención para a execución deste proxecto por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, de acordo coas bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluidas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.


O proxecto está cofinaciado pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.


O alumnado-traballador (15 persoas) deste Obradoiro de Emprego recibe formación na especialidade de Promoción turística local e información a visitantes, desenvolvendo prácticas na materia e colaborando na prestación de servizos e na realización de produtos de información e promoción turística, que van ter por obxecto estudar as potencialidades do territorio e do sector, apoiar as accións de información e promoción turística que se levan a cabo na actualidade e contribuir a reforzar a imaxe turística do Val Miñor e a complementariedade dos seu recursos e das accións para o desenvolvemento turístico que se realizan desde os concellos.

Captura de pantalla 2016 11 14 a las 17.01.50

Read 1990 times Last modified on Tuesday, 07 February 2017 20:35