^ Ir arriba

Saúda Concellería de Urbanismo, Patrimonio e Vivenda

AS CIDADES E A MEMORIA.

Pasando seis ríos e tres cordais de montañas aparece Zora, cidade que quen a viu unha vez, xa non  pode esquecer máis.

Italo Calvino. As cidades invisíbeis.

 

URBANISMO, PATRIMONIO E VIVENDA.

Otero Pedrayo na súa “Guía de Galicia” describe o descenso a Gondomar dende Vincios, coma unha sucesión de imaxes propias dun val pratense envolto nun relieve granítico e inzado de viñedos e campos de millo. Así é (ou era), e calquera que se achegue ao noso Concello o primeiro que lle chamará  atención é a intensiva humanización do territorio. Efectivamente, Gondomar é un dos territorios de Galiza onde a humanización do mesmo comezou moi cedo, fai aproximadamente 350.000 anos durante o Paleolítico Inferior como está acreditado  na Chan do Cereixo, entre A Portavedra e Pinzás……E despois veu o tempo das mamoas, a vida nos castros, a Romanización, a Idad Media, naceron as parroquias, os castros baixaron ás aldeas, a emigración…….. Até hoxe que o proceso continua pero, con graves distorsións que cómpre atallar e corrixir.

FOTO ARAUXO 

Un inmenso patrimonio material e inmaterial conservado polos homes e mulleres que nos precederon con sécuos de traballo: construíndo, cultivando, pastoreando, usando o territorio coma un todo do sustento vital, sen destruilo porque lles ía vida no seu coidado e na súa interpretación.

En chegando a este punto é onde as Institucións Públicas temos a obriga de intervir como depositarias e/ou responsábeis políticas, para preservar esta inmensa riqueza herdada, para poñela a salvo da especulación e trasmitírllela ás novas xeracións nas mellares condicións, mais tamén, para poñela en valor como xeradora de riqueza e de benestar social. A calidade democrática dun concello ou dun país, reflíctese tamén na calidade da ordenación dos seus territorios. Facer un uso racional e sustentábel dos mesmos é apostar polo ben común e por un futuro mellor.

Gondomar, Outono de 2015.

Antonio Araúxo Quintas.

Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Vivenda.

Datos de contacto

  • Correo electrónico:
  • Teléfono: 986360981
  • Enderezo:Pza. Dr. Latino Salgueiro, 1 - 36380 - Gondomar