^ Ir arriba

últimos vídeos

Proxecto Carril bici

Proxecto carril bici Gondomar - Ramallosa

proval carril bici

ANUNCIO do 26 de outubro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construcción Itinerario peonil e ciclista na PO-340, Gondomar-A Ramallosa, p.q. 17+650-21+360, de clave PO/16/055.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Antecedentes:

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Gali- cia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento duns sistemas de transporte alternativos aos motorizados que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os benefcios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patri- monio e do urbanismo.

Con data do 7 de marzo de 2016 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o docu- mento de Fomento da mobilidade sustentable: sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Vigo, no cal unha das sendas propostas era un itinerario peonil e ciclista na PO-340, que agora se desenvolve mediante o proxecto construtivo Itinerario peonil e ciclista na PO-340, Gondomar-A Ramallosa, p.q. 17+650-21+360, de clave PO/16/055.06.

Este proxecto construtivo ten por obxecto a realización das obras precisas para a cons- trución dunha senda mixta destinada ao trá co peonil e ciclista, ao longo da marxe esquer- da da PO-340, que permita comunicar os núcleos de Gondomar e A Ramallosa. A sección característica da senda dispón de 2,7 metros de largo, cun separador vexetal de 0,5 metros e bordo de formigón de 0,22 metros de largo, executada en formigón coloreado e sobreele- vada 3 centímetros respecto da cota da estrada.

As obras previstas comprenden tamén, de xeito complementario e coa nalidade de garantir a funcionalidade e operatividade da actuación principal (senda peonil e ciclista), as seguintes actuacións:

– Mellora da intersección do p.q. 18+880, mediante a ampliación da calzada pola marxe esquerda, a construción dun carril central de xiro e a disposición dunha semirotonda.

– Mellora da intersección do p.q. 20+580, mediante a ampliación das cuñas e reordena- ción das illas.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente, RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de infor- mación pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario O cial de Galicia, para que as persoas que o con- sideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se somete a in- formación pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola reali- zación da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rec- ti cacións consideren convenientes canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43, 1o-4o , 36071 Pon- tevedra), no Concello de Gondomar (praza Doutor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra) e na Casa do Concello de Nigrán (praza da Constitución, s/n, 36350 Nigrán, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http:// www.civ.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas 

Documentación
Download this file (DOG CARRIL BICI A RAMALLOSA.pdf)Anuncio publicación DOG num. 221[Relación de bens, dereitos e propietarios afectados Proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na Po-340, Gondomar-A ramallosa, p.q. 17+650-21+360, clave Po/16/055.06 Predios con super cies obxecto de expropiación:]
Access this URL (Planos_CARRIL_BICI.zip)Planos_CARRIL_BICI.zip[Planos proxecto carril bici Gondomar - Ramallosa]
Access this URL (Proxecto_CARRIL_BICI_GONDOMAR-A_RAMALLOSA.zip)Proxecto_CARRIL_BICI_GONDOMAR-A_RAMALLOSA.zip[Proxecto carril bici Gondomar - Ramallosa]