^ Ir arriba

Curso de informática para maiores

O mércores 1 de febreiro comenza o primeiro curso de informática para maiores de Gondomar impartido por profesionais do sector.

As clases de informática impartiranse os mércores de 16:30 a 18:00 no C.D.L (Centro de Desenvolvemento Local) de Gondomar; o curso alargarase ata decembro. A materia que se explicará está relacionada con conceptos de informática básica, software, ofimática e directrices esenciais de funcionamento.

A Concellería de Benestar ten aberto o prazo de inscripción para os interesados, maiores de 55 anos e censados no municipio. O número de prazas é limitado, os participantes deberán achegarse a Casa da Cultura, departamento de Benestar para formalizar a matrícula.