Cursos baixo a modalidade de formación on-line

Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que xa levamos traballando estes últimos anos.

Ao igual que en edicións pasadas os cursos serán gratuítos e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que se as prazas serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición a través do rexistro do Concello ou da Sede Electrónica, sempre e cando se cumpran cos requisitos e se entregue toda a documentación.

A oferta formativa deste ano será:
Animación e presentación do produto no punto de venta (60h)
Organización de eventos de marketing e comunicación (60h)
Normas de protocolo en restauración (30h)
Organizar e xestionar eventos, actividades e xogos para a animación físico-deportiva e recreativa (60h)
Deseño e organización do almacén (80h)

Engadir que só se poderá realizar un curso por persoas e cóntase cun total de 75 prazas. E a inscrición deberá formalizarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica.

Para máis información acudir ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224, e – mails: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. e This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. entre o 29 de novembro ao 12 de decembro.

8BCFDCBA DC18 4616 9260 9699D8F71C45 

Descargas:

Documentación
Download this file (AUTORIZACION DE DATOS.pdf)Autorización[Autorización de Datos]
Download this file (SOLICITUDE.pdf)Solicitude[Solicitude ]