^ Ir arriba
×

Error

NoDecodeDelegateForThisImageFormat `/var/www/vhosts/concellodegondomar.gal/httpdocs/images/enlaces/apasaxe.png' @ error/constitute.c/ReadImage/544

Emprego

Emprego

A lexislación vixente establece nos 16 anos a idade mínima para poder desempeñar unha actividade laboral. Introducirse no mercado laboral é un proceso complexo no que compre coñecer distintas ferramentas e pasos necesarios para poder obter unha oportunidade.

Nesta sección aportaremoste  unhas nocións e consellos de utilidade para poder introducirte no mercado laboral.

O primeiro paso

No momento que decides pórte a traballar o primeiro paso que tes que dar e ir o Sevizo Galego de Colocación http://emprego.xunta.es/cmspro/contido  máis próximo a o teu domicilio. O que corresponde no Val Miñor é :

  • Servicio Galego de Colocación en Baiona
  • R/ Educador, 4
  • 36.300 Baiona- Telf: 986.355.055

Debes informarlles que queres formar parte da base de datos para acceder a un emprego. Recorda que debes renovar periódicamente  nos prazos fixados. Debes presentarte ca seguinte documentación:

  • DNI
  • Certificados Académicos
  • Certificados Profesionais

O seguinte paso, vai encamiñado o traballo pola túa conta na búsqueda dun emprego. O que debes facer é elaborar o teu Cv.

Curriculum Vitae

Qué  é?

É un documento que describe os datos académicos, formativos e experiencia profesional dunha persoa, así como, o primeiro contacto e a primeira información que vai ter a empresa de nos.

A finalidade dun currículum é conseguir a posibilidade dunha entrevista persoal, por iso, debemos redactar un currículum que esperte na outra persoa o desexo de coñecernos mellor, deberá atraer a atención da persoa que te desexa contratar. É importante que sexa claro, conciso, adaptado ó posto e á empresa á que o mandamos.

Estructura:

Datos persoais: datos imprescindibles para que se poñan en contacto contigo

  • Nome completo
  • Enderezo con código postal
  • Teléfono
  • Correo Electrónico
  • DNI
  • Permiso Conducir
  • Outros datos a valorar si se poñen: Estado Civil, data nacemento

Formación académica: Formación oficial regrada

  • Título do nivel máximo acadado
  • Ano de remate
  • Especialidade se a tes
  • Centro de expedición do título
  • Localidade

Formación complementaria: Aquí se inclúe toda a formación que non sexa regrada: seminarios, cursos, xornadas, etc.

  • Nome do curso
  • Data realización
  • Centro de impartición
  • Localidade
  • Número de horas

Informática: aquí podemos dividir en dous apartados:

  • Con coñecementos pero sin título: nos que comentaremos os programas que manexamos e o nivel que temos ( usuario, avanzado)
  • Con título: os mesmos datos que a formación complementaria.

Idiomas: aquí faremos dous apartados e ademáis mencionaremos se estivemos residindo no extranxeiro.

  • Con coñecementos pero sen títulos: O idioma que coñecemos se son varios primeiro trataremos falaremos dun e logo doutro. E o nivel que temos no que faríamos dúas distincións conversa e gramática os niveis son ( elemental, medio, alto)
  • Con títulos oficiais ; igual que a formación complementaria.

Experiencia profesional: tamén faremos dúas distincións experiencias profesionais con contrato e experiencias  profesionais sen contrato.

  • Con contrato:
  • Posto
  • Data
  • Nome empresa
  • Localicación
  • Funcións desempeñadas
  • Sen contrato:
  • Aquí podemos nomear as prácticas que fixemos mentras estudabamos, colaboración con asociacións, actividades sen remunerar, traballo como voluntario, etc.

Outros datos de interese: este apartado non é obrigatorio polo, pero aquí podemos aportar datos que nos destaquen doutros candidatos:

  • Vehículo propio
  • Afeccións; evitar estereotipos como ler, ir ó cine, mellor nomear actividades relacionadas co posto da empresa. Non incluír deportes ou actividades que supoñan un risco físico elevado.
  • Situación persoal: se tes dispoñibilidade para viaxar, incorporación inmediata, dispoñibilidade horaria, etc.
  • Se poden incluír becas, distincións, momeamentos, publicacións, etc.
  • O Currículum nunca se firma

TIPOS DE CURRÍCULUM

ENLACE:  http://xuventude.xunta.es/emprego.html

  • Cv cronolóxico inverso
  • Cv funcional
  • Cv centrado en compentencias
  • Cv europeo: Calquera oferta de emprego nun país da UE é obrigado presentalo a través deste modelo tamén nomeado EUROPASS http://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

Recomendacións

  • Elaboralo en función do posto de traballo e da empresa
  • Redactalo nunha folla ou dúas
  • Utilizar máquina ou ordenador, agás que na oferta de traballo se pida manuscrito
  • Acompañalo dunha carta de presentación
  • Se solicitan unha fotografía que sexa recente e de calidade. Se non a solicitan, mellor non enviala, non sabemos o criterio da imaxe que poden ter.
  • Evitar referencias que non se soliciten
  • Non mandar fotocopias
  • A redacción debe ser breve, clara e organizada cunha estrutura lóxica.
  • Resaltar aqueles datos aos que queremos darlle máis importancia, poñéndoos os primeiros e omitindo os que non sexan de interese para o posto

Carta de Presentación

Todo Cv debe ir acompañado dunha carta de presentación, é a túa tarxeta de visita que informa do máis relevante do noso perfil en función do posto de traballo. Con ela debemos captar a atención do receptor e espertar o seu interese para que teñamos como resultado unha entrevista persoal.

ENCABEZAMENTO FORMAL

  1. PRESENTACIÓN

Datos teus                                                           

Dirección                                               Nome e cargo da empresa

Teléfono                                                               Dpto. empresa

                                                               Dirección

                                                               Referencia oferta

                                               Lugar e data

 Fai referencia a oferta de emprego se respondes a un anuncio, se te presentas ti a unha empresa por candidatura espontánea.

 Fai referencia a aqueles aspectos profesionais e/ou formativos que son mais relevantes para o posto a o que optas e poden axudarte a conseguir unha entrevista. Debes facer constar as túas características persoais que poidan favorecer no desempeño do posto concreto.

Fai referencia explícita do teu obxectivo : participar no proceso de selección da empresa.

 Utiliza unha despedida cordial e sinxela, asegurando ao receptor que esperas as súas noticias.

 A carta sempre debe ir asinada e tentaremos que apareza o noso nome e apelidos completos.

RECOMENDACIÓNS PARA A CARTA DE PRESENTACIÓN:

Ten que ser curta , ordenada, clara e directa

Non escribir máis dunha páxina

É mellor non grampala ao currículum

Coida a redacción e a ortografía

Escribe cartas distintas segundo o tipo de empresa que se trate, adaptándoa a cada posto de traballo

Resalta os aspectos do teu currículum que encaixan co posto

Escribea a máquina ou ordenador, salvo que che indiquen  expresamente que a fagas a man

Emprega verbos de acción

  1. menciones aspectos negativos

Transmite información postiva, demostrando valía , seguridade e profesionalidade

Tipos de cartas

  • Hai catro modelos de cartas de presentación:
  • Resposta a un anuncio con experiencia.
  • Resposta a un anuncio sen experiencia
  • Autocandidatura con experiencia
  • Autocandidatura sen experiencia
  • Entrevista de traballo

Unha entrevista de traballo é ó último paso de cara a consecución dun posto de traballo, co que é preciso reforzar o dito no Cv e apoialo cunha boa impresión persoal, respondendo con naturalidade e sinceridade as preguntas que se fan.

Máis información: http://www.primerempleo.com/entrevista-trabajo/entrevista-de-trabajo.asp

Contratos traballo

Máis información: http://www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/empresas/contratos_trabajo/

Crea a túa propia empresa

Maís información en: http://www.crear-empresas.com

Enlaces de interese

Webs de emprego:

OUTRAS WEBS:

NoDecodeDelegateForThisImageFormat `/var/www/vhosts/concellodegondomar.gal/httpdocs/images/enlaces/apasaxe.png' @ error/constitute.c/ReadImage/544