^ Ir arriba

II Gala do Deporte

II Gala do Deporte

Documentación
Download this file (BASES_gala deportes.pdf)BASES GALA DO DEPORTE[Bases reguladoras dos premios da II Gala do Deporte Concello de Gondomar 2017]

 

 MG 7562

Gondomar celebrará o día 1 de abril a súa II Gala do Deporte, evento promovido polo Alcalde Paco Ferreira a a Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro. Con esta cita Gondomar afiánzase na seu proxecto de fomentar o deporte e poñelo en valor.

O prazo para a inscrición de deportistas que desexen participar na II Gala do Deporte xa está aberto. Os interesados deberán entregar a documentación requerida ata o 10 de marzo a través de rexistro do Concello no caso de persoas físicas e a través da Sede Electrónica no caso de persoas xurídicas como asociacións e clubes. Solicítase entre outras cousas formalizar a inscrición e facer entregar do CV do deportista ademáis da autorización de uso de datos asinada. As candidaturas poderanse presentar por parte de calquera cidadán , clube deportivo, institución ou asociación.

As categorías ás que se opta son oito, mellor deportista masculino, mellor deportista feminina, deportista revelación masculino, deportista revelación feminina, mellor clube o entidade deportiva, mellor patrocinio e colaboración co deporte, premio a traxectoria deportiva e mellor evento deportivo. Ademáis da categoría de Mención Especial a que poderán optar tanto institucións relacionadas co deporte e deportistas, como persoas ou entidades cunha labor salientable na defensa dos valores humás no deporte. A parte do recoñecemento os mellores deportistas en cada modalidade deportiva.

O xurado será o encargado de seleccionar os gañadores de cada categoría, sendo presidido pola concelleira de Deporte, Nuria Lameiro.

As bases da Gala pódense descargar na seguinte enlace, así como a folla de inscrición: