^ Ir arriba

novas

Thursday, 09 September 2021 19:46

Gondomar subvenciona a adquisición de material escolar infantil ás familias en situación de emergencia social 

material_infantil.jpg

A subvención, un total de 1400 euros, destínase á adquisición de material escolar nas etapas de infantil, axudas que a Xunta non cobre e que o Goberno local financia íntegramente. Nesta ocasión son 13 familias as que se benefician do bono de 100 euros no inicio do actual curso escolar.

 Este apoio económico vén ofrecéndose desde o departamento de Benestar Social do actual executivo “ante a demanda e necesidades de moitas familias que, con pequenos e pequenas en educación infantil, teñen serias dificultades para adquirir o material que precisan e que a Xunta de Galicia nesta etapa educativa non subvenciona”, aseguran responsables do departamento.

Por esta razón ponse en marcha este liña de axuda municipal dirixida aos alumnos e alumnas matriculados/as nos centros escolares de Gondomar e nos pertencentes ao Colexio Rural Agrupado (CRA), podendo optar unicamente a elas persoas que se atopan en situación de emerxencia social. As axudas, otórganse tras estudar as solicitudes unha a comisión de valoración integrada pola concelleira de Benestar Social, unha traballadora social e a educadora familiar.

En total o departamento fixo entrega de 1400 euros, repartidos entre trece familias solicitantes e que permitirán bonificar o material escolar de 14 alumnos/as de Educación Infantil no curso 2021-22.