Print this page
Tuesday, 21 September 2021 09:03

Gondomar renova a actividade deportiva dirixida aos seus maiores

photo_2021-09-20_14-39-32.jpg

 

Este luns reincorporáronse a ximnasia de mantemento os usuarios e usuarias que viron interrompida esta actividade como consecuencia da pandemia vivida no ano 2020 e a volta á normalidade paulatina posterior.

 ​Aos poucos logrouse e de novo recuperan a cita que semanalmente teñen no Pavillón Municipal de Deportes de Gondomar cos hábitos saudables. Un total de 80 participantes, que se exercitan en dúas quendas durante unha hora e realizan diversos exercicios, guiados por unha monitora, que lles permiten manterse en forma.

​A concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, achegouse ata o pavillón para darllesa benvida e felicitarlles por apostar polo deporte como unha forma de seguir activos edemostrar que os maiores teñen moito que facer e ensinar aínda.

​A actividade de ximnasia de mantemento desenvolvese os luns e mércores de 10.30 a 11.30 horas e de 11.30 a 12.30 horas, mantendo as medidas de seguridadesanitaria vixentes na actualidade. Desde a concellería lémbrase que o próximo mes de xaneiro abrirase prazo para novas inscricións.