Print this page
Saturday, 25 September 2021 11:55

A Praza da Paradela de Gondomar acolle o concerto da banda “Unión Musical de Coruxo”.

242893058_2920676704861539_8164294780606250039_n.jpg

O vindeiro domingo 26 de setembro ás 12.00 horas na Praza Paradela poderemos gozar do repertorio da Unión Musical de Coruxo (Vigo), dentro do programa "O País das Bandas", promovido pola Federación Galega de Bandas Musicais Populares e o goberno galego.

"O País das bandas" quere ser o motor para a recuperación da actividade bandística da comunidade, de maneira que entre xullo e setembro programáronse preto de 100 concertos cun total de 77 agrupacións.

Este domingo en Gondomar turno para gozar coa actuación da Unión Musical de Coruxo. Esperámosvos.

#Gondomarécultura #aculturasegue