Print this page
Thursday, 18 November 2021 16:06

Gondomar logra 3 flores de honra por parte do xurado de “Vilas en flor”

 
 
FOTO VILAS EN FLOR 2021.jpg
 
 
 
O concello suma unha flor máis e achégase á máxima distinción tras recoñecer o xurado que en “a vila está a traballarse e potenciando as súas zonas verdes, enfocadas ao esparcimento dos concidadáns e á humanización de diversas zonas do concello”
 
Gondomar estivo representado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, quen foi o responsable de recoller o galardón que recoñece ao concello 3 flores de honra por a súa acción decidida por mellorar a contorna e protexer os espazos verdes e naturais.
 
Destaca o xurado na acta “as boas actuacións executadas na entrada do núcleo urbano, o deseño dun gran paseo fluvial incorporando zonas verdes entre as edificacións, e , o desenvolvemento de novos espazos lúdicos para a realización de actividades de recreo”.
 
Pola súa banda o alcalde, Paco Ferreira, mostrouse moi satisfeito ante o
recoñecemento porque “pon en valor o traballo que moitas persoas realizan para que Gondomar sexa unha vila máis amable e respectuosa co medio ambiente e, unha localidade, pensada para e polas persoas, un obxectivo no que seguiremos traballando desde o goberno local”.
 
O acto de entrega dos galardóns celebrouse esta mañá na localidade de Allariz e estivo presidido pola alcaldesa do municipio, Cristina Cid, e a consellerira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que estiveron acompañadas, entre outros polo coordinador do programa Vilas en Flor, Pedro Calaza, membros do xurado e representantes dos 30 municipios participantes na edición deste ano.
 
O certame, organizado pola Fundación Juan de Vega, a Asociación de
Viveristas do Noroeste e a Asociación Galega de Empresas de Xardinaría, márcase como obxectivo promover a mellora ambiental social e económica dos concellos participantes, así como dinamizar ou sector do paisaxismo e ornamentación como selo de calidade e reclamo turístico.