^ Ir arriba

novas

Thursday, 18 November 2021 16:09

A danza e o teatro familiar copan a fin de semana cultural de Gondomar

Continúa desenvolvéndose o programa “Gondocultura Outono” e fai co espectáculo de danza “Bailar Agora” e unha cita co teatro familiar que a través da obra “ Cartoons” ensinará o divertido que pode ser reciclar.
 
O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acollerá este sábado 20 de novembro, a partir das 21.30 h, o espectáculo de danza “Bailar Agora”, premiado con tres María Casares nas categorías de actriz protagonista, dirección e iluminación, e o FETEGA ao mellor espectáculo do ano, entre outros. Sobre as tablas Marta Alonso Tejada que a través da súa montaxe convida o público a coñecer a súa traxectoria como profesional
os sacrificios que o baile pode chegar a esixir.
 
“Bailar Agora”, protagonizada e dirixida pola propia Marta Alonso, é un espectáculo no que a danza o humor e a proximidade cos espectadores “xeran unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena”.
 
O domingo 21 de novembro, ás 12.30 h, será a quenda para as familias que poderán gozar e aprender do espectáculo “Cartoons”, protagonizado por Josito Porto e Víctor Mosqueira, que tamén dirixe a obra. Nela dous divertidos clowns que viven rodeados de cartóns descobren a importancia deste material. A través do transcurso das escenas estimulan ao auditorio infantil a descubrir todo o que se pode facer co cartón “converténdose o espectáculo nun vehículo de valores como a colaboración, a solidariedade e a conciencia ecolóxica”.
 
Máis información: https:taquilla.concellodegondomar.gal.