^ Ir arriba

novas

Wednesday, 24 November 2021 16:06

Gondomar edita un calendario protagonizado con galegas pioneiras en ámbitos negados ás mulleres

photo_2021-11-24_13-44-29 (4).jpg
 
O Concello de Gondomar, un ano máis, a través do departamento de Igualdade editou un calendario dedicado ás mulleres as que a historia negou o seu recoñecemento. Este ano ocuparán as súas páxinas mulleres galegas que abriron camiño e foron pioneiras
en ámbitos negados a elas como pode ser a investigación, as matemáticas ou a aviación.
 
Coincidindo cos actos do 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, un ano máis se repartirán en Gondomar calendarios do próximo ano cuxo obxectivo fundamental, como nas dúas últimas edicións, é visibilizar a aquelas mulleres que durante anos a historia negou o seu papel nela.
 
Se o 2020 foi un almanaque dedicado a mulleres representativas na loita de igualdade de oportunidades e dereitos femininos, o 2021 ocuparán as súas follas aquelas que, rompendo todos os estereotipos establecidos pola sociedade, abriron camiño con grandes achegas históricas.
 
Así desde xaneiro a decembro poderemos descubrir nomes como o da pontevedresa Elsa Patiño, primeira muller en pilotar un avión en Galicia; o da matemática e astrónomoma, Antonia Ferrín; Olimpia Valencia, a primeira médica galega; María Casares, actriz de cinema e teatro que chegou a ser moi cotizada en escenarios franceses; ou Ángeles Alvariño, primeira muller galega que, como científica, viaxou a bordo dun barco de investigación, entre outras.
 
Os calendarios, financiados con fondos del Ministerio de Igualdade, dentro do marco do Paco de Estado contra a violencia de xénero, poderanse recollerse este xoves na Praza Paradela (entre as 11.00 e 13.00 horas), coincidindo coas actividades centrais do día, e despois no Rexistro Municipal do concello de Gondomar