^ Ir arriba

novas

Wednesday, 12 January 2022 16:12

Novo itinerario formativo: docencia de Formación Profesional para o emprego

redes-sociales-Docencia 2022.jpg

Novo itinerario formativo: docencia de Formación Profesional para o emprego Este curso que vai desenvolverse na Guarda, comenzará o 02 de febreiro e rematará o 22 de xuño. As clases impartiránse en horario de 15:30 a 20.30 horas nas instalacións Informática Jaime, na rúa Galicia, 37- baixo (A Guarda). 
 
Poden inscribirse persoas desempregadas de toda a provincia. Contenpla unha axuda económica para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza iguais ou superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.
 
Dirixido a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, con titulación de bacharelato e que se atopen incluídas nalgún dos seguintes colectivos:
 
• Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
 
• Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
 
• Persoas maiores de 55 anos
 
• Persoas con discapacidade
 
• Inmigrantes
 
• Minorías étnicas e comunidades marxinadas
 
• Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
 
• Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais
Para participar no proceso de selección é necesario facer a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra
 

https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=72018166&siacode=2148482

 
Para mais información pode poñerse en contacto no teléfono: 986804100 ( ext 40846-40854) ou  no e-mail This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
 
 

Captura de pantalla 2022-01-12 a las 16.15.59.png