^ Ir arriba

novas

Friday, 14 January 2022 13:23

Gondomar pon en marcha un ano máis os obradoiros dirixidos aos maiores

 
Obradoiros para persoas maiores de 65.png
 
O vindeiro luns 17 abrirase o prazo para inscribirse nos talleres de memoria e de ximnasia que desde a concellería de Benestar Social, dirixida por Nuria Lameiro, promóvense anualmente pensando nos veciños e veciñas que superan os 65 anos, obradoiros cuxa demanda é unha realidade como demostra o feito de que as 130 prazas que se ofertan cóbrense practicamente de forma inmediata, nestes programas cuia financiación se enmarca dentro do Plan concellos da Deputación provincial de Pontevedra.
Como en edicións anteriores, os participantes poderán elixir entre o obradoiro “Cultiva a Mente” ou o de “Xinmasia de mantemento”. En ambos os casos o obxectivo “é garantir a mellor calidade de vida dos nosos e nosas maiores, e poñer ao seu alcance as ferramentas para que a súa terceira mocidade poidan gozala ao máximo”, apunta o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.
As solicitudes poderán presentarse desde o vindeiro luns 17 de xaneiro no departamento de Benestar Social achegando a copia do DNI e o volante de empadroamento no concello de Gondomar. Os menores de 65 anos que queiran participar poderán facelo acreditando o certificado de discapacidade.
Obradoiro “Cultiva a mente”
Un total de 30 persoas poderán inscribirse neste taller que impartirá unha piscóloga, en dúas quendas diferentes: martes ou xoves de 10.30 a 12.30 horas. Nel abordaranse diferentes cuestións prestando especial atención ao envellecemento activo, á promoción das relacións sociais e á prevención da soidade, así como un traballo directo para garantir a independencia e autonomía destas persoas maiores.
Obradoiro “Ximnasia mantemento”
A curso está aberto a un total de 100 participantes que se exercitarán en dúas quendas dunha hora nos que realizarán exercicios guiados por unha monitora que lles facilitará a manterse en forma, ao mesmo tempo que fomenta as relacións e interaccións sociais, así como a autonomía destas persoas.
O curso se desevolverá os luns e mércores de 10.30 a 11.30, nunha quenda, e entre as 11.30 e as 12.30 horas, no grupo dous.
Para máis información poden poñerse en contacto co departamento de Benestar Social no teléfono 986360168, ou no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..