^ Ir arriba

novas

Wednesday, 13 November 2013 14:01

Finalizado o primeiro tramo da senda do río Miñor

- O percorrido, de aproximadamente 1'2 quilómetros, parte dende a Ponte de Mañufe ata o supermercado Froiz

- As obras, sen custo ningún para o Concello, aproveitan os traballos na rede de saneamento que a construtora Crespo está a realizar no municipio

senda3

Gondomar, 13 de novembro de 2013. - Unha senda para o río Miñor. Esta foi a petición realizada polo Concello de Gondomar a Augas de Galicia. Aproveitando os traballos que a construtora Crespo -adxudicataria do proxecto de adecuación da rede de saneamento do municipio- está a levar a cabo, dende o Concello formulouse a posibilidade de habilitar unha senda peonil paralela á canle do Miñor, co fin de poñer en valor unha zona cunha gran beleza natural.

As obras da nova senda, asumidas como mellora na actuación promovida por Augas de Galicia, non supoñerán custo ningún para as arcas municipais. Os traballos executaranse en varias fases nas que se acondicionará o firme do paseo, de 2'8 metros de ancho, con zahorra machucada. O primeiro tramo do proxecto, xa está finalizado. O percorrido deste primeiro tramo, de aproximadamente 1'2 quilómetros, parte dende a Ponte de Mañufe ata o supermercado Froiz.

"Os traballos realizáronse respectando ao máximo o río e o seu ámbito. Non é unha obra agresiva", sinala Jesús Salgueiro, responsable do departamento de Vías e Obras. "Agora só queda gozalo e que todos poñamos da nosa parte para conservalo, engade o edil.

sendasenda2