^ Ir arriba

novas

Thursday, 23 January 2014 09:39

Fernando Guitián e Patricia Durán fan entrega das Axendas pola Igualdade nos distintos colexios do concello

Esta iniciativa implicou a 111 rapaces e rapazas de 4º de primaria na resolución das desigualdades de xénero

Axendas pola Igualdade é un proxecto enmarcado dentro do VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes do Concello de Gondomar 2012-2015

agendas1O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado pola concelleira de Igualdade, Patricia Durán fixo entrega onte, nos distintos colexios do municipio, das Axendas pola Igualdade.

Esta iniciativa implicou a 111 rapaces e rapazas de 4º de primaria dos catro CEIP do concello na resolución das desigualdades de xénero, de xeito que estes asumiron o protagonismo e actuaron como axentes dinamizadores do cambio na sociedade.

Sensibilizando e documentando a estes rapaces, foron capaces de deseñar e realizar unha Axenda Escolar de uso persoal que terán presentes durante todo o ano con contido comprometido coa igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero.

Axendas pola Igualdade é un proxecto enmarcado dentro do VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes do Concello de Gondomar 2012-2015, eixe 2: Cambio de valores e modelos para a igualdade e cofinanciado con fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo.