^ Ir arriba

novas

×

Error

NoDecodeDelegateForThisImageFormat `/var/www/vhosts/concellodegondomar.gal/httpdocs/images/enlaces/apasaxe.png' @ error/constitute.c/ReadImage/544
Friday, 28 March 2014 11:16

Aínda quedan prazas para a viaxe a Cataluña que organiza Benestar Social

As persoas interesadas en reservar praza poden facelo antes do 7 de abril, no Departamento de Benestar Social, sito na Casa da Cultura

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar, mediante a Axencia de Viaxes PONTETUR S.L.: XG-297, organiza unha excursión-viaxe para maiores de 55 anos a Cataluña.

A data da viaxe, será o día 5 do próximo mes de Maio e terá unha duración de 6 días, de luns a sábado.

O prezo da mesma é de 290 € por persoa e inclúe: desprazamento en autocar, hotel de tres estrelas na Costa Brava, pensión completa-bebidas, guía acompañante, guía local oficial en Barcelona, entrada a un bodega de cava e seguro de asistencia.

As persoas interesadas en reservar praza poden facelo antes do 7 DE ABRIL. Máis información no Departamento de Benestar Social, sito na Casa da Cultura.

Programa da excursión [Descarga]

NoDecodeDelegateForThisImageFormat `/var/www/vhosts/concellodegondomar.gal/httpdocs/images/enlaces/apasaxe.png' @ error/constitute.c/ReadImage/544