^ Ir arriba

novas

Wednesday, 21 May 2014 09:31

Máis de 200 nenos e nenas participan na III Convivencia Olímpica do Concello de Gondomar

Durante catro horas os rapaces e rapazas puideron gozar de distintas actividades e xogos

A xornada busca fomentar e impulsar o deporte e os valores de respecto e esforzó

convivencia

A Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar organizou esta semana, por terceiro ano consecutivo, a Convivencia Olímpica para nenos e nenas de Educación Infantil.

Máis de 230 nenos e nenas, de entre 3 e 6 anos, procedentes dos distintos centros de educación infantil e CRA do Concello participaron nesta xornada que, debido ás condicións metereolóxicas, tivo que trasladarse do campo municipal de As Cercas ao Pavillón Municipal.

Dende as 9.00 ás 13.00 horas, os rapaces e rapazas puideron gozar de distintas actividades e xogos como carreiras de sacos, relevos, xogos de coordinación, xogos tradicionais, etc.

Con esta Convivencia deportiva búscase fomentar o deporte escolar e a integración e colaboración. "Esta xornada é unha boa ocasión para impulsar entre os nosos [email protected] todo tipo de actividades físico deportivas, á vez que se fomentan valores de respecto e esforzo," recoñece Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes do municipio. Salgueiro agradece a inestimable colaboración do profesorado dos centros educativos e do persoal do Concello, así como dos equipos de fútbol participantes, que fixeron posible esta III Convivencia Olímpica.