^ Ir arriba

novas

Thursday, 12 June 2014 10:52

Curso de Sombrerería en Gondomar

Organizado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración co Concello de Gondomar e a Asociación Galega de Artesáns Tradicionais

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración co Concello de Gondomar e a Asociación Galega de Artesáns Tradicionais organizan un Curso de Complementos de Moda: SOMBRERERÍA.

Esta actividade ten por obxectivo dar resposta ás inquedanzas manifestadas polos artesáns e a súa necesidade de pórse ó día en canto ás novas técnicas que permitan unha maior diversidade das súas producións para, así, aumentar a súa competitividade e acceder a novos mercados.

Este curso está englobado dentro do seguinte formato pedagóxico:

  • Curso monográfico:

Este curso ten unha duración de 50 horas, do 16 ao 21 de xuño , e estará impartido por Viviana Araújo Martínez (www.estiloaramar.com), profesional do sector que goza dun gran prestixio internacional. Os seus deseños de sombreiros e complementos foron seleccionados como finalistas para o premio Nacional de Artesanía na categoría de produtos 2010. Os coñecementos serán eminentemente prácticos sustentados por unha parte teórica.

Participan nesta actividade, totalmente gratuíta, 15 artesáns de toda Galicia convertendo  a Gondomar, nestas datas, no centro formativo da moda de Galicia