^ Ir arriba

novas

Wednesday, 18 June 2014 14:11

A Concellaría de Educación entrega os premios do XII Certame Literario Conde de Gondomar

No acto estiveron presentes o alcalde do municipio, Fernando Guitián, a concelleira de Educación, Paula Bouzós e Don Gonzalo Fernández de Córdoba e Narváez, actual Conde de Gondomar
Ao final do acto fíxose entrega aos participantes dun libro editado no que figuran as obras gañadoras deste XII Conde de Gondomar

certamen13O Auditorio Lois Tobío acolleu, esta mañá, a entrega de premios aos gañadores das distintas categorías do 'XII Certame Literario D. Diego Sarmiento de Acuña. Conde de Gondomar', unha das actividades máis importantes que organiza a Concellaría de Educación do Concello de Gondomar.

No acto estiveron presentes o alcalde do municipio, Fernando Guitián, a concelleira de Educación, Paula Bouzós e Don Gonzalo Fernández de Córdoba e Narváez, actual Conde de Gondomar.

Entre os escritos presentados (un total de 104) polos alumnos e alumnas dos colexios e institutos de Gondomar e toda a bisbarra do Val Miñor, os xurados (un por cada modalidade e compostos de tres membros cada un) constataron a gran calidade dos traballos recollidos.

O acto deu comezo coa actuación do grupo de percusión Odaiko, encargado de amenizar a xornada. Ao final do acto, xunto aos premios económicos, fíxose entrega aos participantes dun libro editado no que figuran as obras gañadoras deste XII Conde de Gondomar, ademais dunha cunca recordatorio deste día.

Gañadores

Na modalidade de Poesía os premios repartíronse do seguinte xeito: no nivel I (terceiro ciclo de Educación Primaria), Sara Vidal Acuña con O Meu Val e Daniel González Iglesias con Sendiro de Prata, compartiron o primeiro premio. Avoa de Pablo Cameschesse conseguiu o Accésit nesta categoría. No nivel II (primeiro, segundo e terceiro de ESO), o primeiro premio foi para Anahí Barros Vidal con Crear.

En canto ao Relato: Sabela Cambra Domínguez con O misterio de Lia e Oscar Gestido con A historia de Sergio conseguiron o primeiro premio e o Accésit respectivamente, en nivel I. O nivel II tivo como gañador a Víctor Villadóniga Santos coa súa obra O segredo da vieira, mentres que Anahí Barros Vidal conseguiu o Accésit con Querida Nanu. Finalmente, no nivel III (cuarto de ESO e Bacharelato), Rafael Areses Elizalde alcanzou o primeiro premio con Ollos baleiros; Solis de Maria Barreiro Blach fíxose co accésit nesta categoría.