^ Ir arriba

novas

Thursday, 19 June 2014 08:45

Gondomar celebra o Día Europeo da Música cun concerto dos alumnos e alumnas do Conservatorio

Será o próximo sábado 21, ás 12.00 horas, na Alameda do municipio

ensayo conservatorioCon motivo do "Día Europeo da Música", a Concellaría de Educación do Concello de Gondomar organiza un concerto a cargo dos alumnos do Conservatorio Elemental de Música para o vindeiro sábado 21 de xuño, ás 12.00 horas da mañá, na Alameda da praza do Concello.

Neste concerto participarán, seguindo esta orde, os alumnos de 4º curso interpretando diferentes pezas para conmemorar o "Fin de grao"; grupos de vento-madeira; a orquestra mixta do centro formada por alumnos/as de tódolos cursos e especialidades e, por último, actuarán en conxunto a orquestra e o coro do conservatorio.