^ Ir arriba

novas

Thursday, 19 June 2014 10:01

Retirado un niño de avespas asiáticas en Gondomar

O niño encontrábase no barrio de Toucido, nas proximidades dunha casa habitada

nido avispasOperarios da empresa pública Tragsa procederon, esta mañá á retirada dun niño de avespas asiáticas no barrio de Toucido en Gondomar. O niño encontrábase nun terreo do mencionado barrio nas proximidades dunha casa habitada.

Foron os propietarios da casa os que se puxeron en contacto coa Concellaría de Medio Ambiente do Concello, que dirixe Juan Carlos González Camesella e dende alí púxose en marcha o protocolo a seguir nestes casos ante a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Tras seguir todo o protocolo, operarios retiraban o niño esta mañá e instalaban, ademais, unha trampa para a detección de máis exemplares.