Print this page
Thursday, 19 June 2014 10:33

VI Torneo Escolar Benéfico de Tenis - Concello de Gondomar

Este sábado, nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe e no Pavillón Municipal, dende as 9.30 horas
Está organizado polo Club de Tenis Gondomar e o Concello

O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Deportes, e en colaboración co Club de Tenis Gondomar, organiza o VI Torneo Escolar Benéfico de Tenis. A competición terá lugar este sábado día 21, nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe e no Pavillón Municipal de Deportes. Dará comezo ás 09.30 horas e finalizará en torno ás 14.00/14.30 horas.

Abrangue as categorías pre-benxamín, benxamín, cría, infantil e cadete. Todas as categorías son mixtas. Os participantes deberán achegar, os socios un quilo de alimentos non perecedoiros; e os non socios, dous quilos.

Ás 10.00 horas en punto darán comezo os partidos, todo aquel que non se encontre no recinto non poderá participar. A media mañá, todos os participantes poderán gozar dunha merenda que recargará as súas enerxías para seguir coa competición.

Poñerá punto e final á xornada, a entrega de trofeos aos gañadores; e para que ninguén se vaia coas mans baleiras haberá regalos para todos os participantes e sorteo de material.