^ Ir arriba

novas

Thursday, 19 June 2014 11:01

O servizo supramunicipal de recollida de animais realizou 86 intervencións en Gondomar no que vai de ano

Delas, en 86 levouse a cabo con éxito a recollida do animal; mentres que en 15 non se puido realizar satisfactoriamente

Este servizo, ofrecido pola Deputación Provincial, permite mellorar o mesmo á vez que se reducen os gastos destinados a este fin

O servizo supramunicipal de recollida de animais, realizou no que vai de ano 86 intervencións no Concello de Gondomar, segundo informou o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos González Camesella. Destas 86 intervencións, en 71 levouse a cabo de xeito satisfactorio a recollida, tan só en 15 delas non se puido encontrar o animal.

Servizo de recollida de animais abandonados-perdidos

Gondomar dispón dende abril do pasado ano do servizo de lazaría e recollida de animais abandonados que ofrece a Deputación de Pontevedra. Mediante esta adhesión, o municipio dispón dun servizo de recollida as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Coa adhesión do Concello a este servizo, ofrecido pola Deputación Provincial, preténdese mellorar este á vez que se reduce o gasto que se destinaba para este fin. Camesella destaca a calidade do servizo que a Deputación de Pontevedra está a realizar en numerosos concellos da provincia e a un custo mínimo. "O custo deste servizo é de 0,30 € por habitante, é dicir, en Gondomar supón pouco máis de 4000 € ao ano" apunta o edil.

Todas as solicitudes de recollidas deberán ser notificadas á Concellaría de Medio Ambiente ou no seu defecto, deberán remitirse á Policía Local.