^ Ir arriba

novas

Wednesday, 25 June 2014 10:25

Benestar Social recorda que o Concello dispón de axudas de Emerxencia Social destinadas a proporcionar atención a persoas en situación de risco

Desde a Concellaría de Benestar Social recórdase a todos os veciños e veciñas de Gondomar que o concello dispón de Axudas de Emerxencia Social destinadas a proporcionar atención e axuda a persoas que atravesan unha situación de dificultade, derivada, a meirande parte das veces, pola imposibilidade de facer fronte a determinados gastos.

Estas axudas están dirixidas a persoas individuais ou unidades familiares que carezan de medios e nas que concorran factores de risco e poden ser aplicadas aos gastos orixinados polas seguintes situacións de necesidade:

  • Necesidades básicas, con carácter xeral aloxamento como poden ser os alimentos.
  • Axudas de uso e mantemento de vivenda: gastos de suministros (electricidade, auga, gas), ou de alugamento.

Máis información no departamento de Benestar Social , sito na planta baixa da Casa da Cultura ou no teléfono 986 360 168.