^ Ir arriba

novas

Wednesday, 25 June 2014 11:02

Parabéns para o Club de Tenis Gondomar

Club de Tenis GondomarTras 3 meses de intensa liga, o Club de Tenis Gondomar conseguiu ascender a dous dos seus equipos, dos tres que participaron na competición.

O equipo absoluto A masculino ascendeu Primeira División Galega, mentres que o equipo absoluto feminino chegou á División de Honra OURO.

Dende o Concello de Gondomar quérese felicitar o Club de Tenis Gondomar e en especial aos integrantes dos equipos, cuxo esforzo fixo posibles estes excelentes resultados.