Print this page
Monday, 30 June 2014 08:54

O Pavillón Municipal de Deportes acollerá a IX Edición do Torneo 24 horas de Tenis de Mesa

O prazo de inscrición remata o próximo martes 1 de xullo

Como actividade previa, a Agrupación Deportiva Vincios organiza un Campus de Verán para iniciar os nenos e nenas na práctica do tenis de mesa

O Concello de Gondomar colabora con estas iniciativas da Agrupación Deportiva Vincios que se celebrarán durante a primeira semana de xullo

 O mes de xullo arranca en Gondomar da man do Campus de Verán de Tenis de Mesa e da IX Edición do Torneo 24 horas de Tenis de Mesa organizado pola Agrupación Deportiva Vincios, en colaboración co Concello de Gondomar.

A competición dará comezo o sábado 5 de xullo ás 17.00 horas no Pavillón Municipal de Deportes do municipio e prolongarase ata o domingo. O torneo abrangue as categorías Benxamín, Cría, Infantil, Afeccionados e Absoluta. Todas as categorías son mixtas.

A ocasión servirá, tamén, para celebrar o ascenso á división de honra conseguida polo AD Vincios/Bade.

O prazo de inscrición remata o próximo martes, 1 de xullo podendo realizala mediante correo electrónico en This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., ou no teléfono, 699 670 085, así como resolver calquera dúbida relacionada coa inscrición, ingreso da cota ou desenvolvemento da competición.

Campus de verán de Tenis de Mesa

Como actividade paralela e previa ao Torneo 24 horas, a Agrupación Deportiva Vincios poñerá en marcha un Campus de Verán dende o luns 30 de xuño ata o venres 4 de xullo (ambos os dous incluídos), dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos co obxectivo de iniciar os rapaces e rapazas na práctica do tenis de mesa. Levarase a cabo no Pavillón Municipal, en horario de 19.30 a 21.00 horas.