^ Ir arriba

novas

Wednesday, 02 July 2014 08:46

Fernando Guitián e Patricia Durán inauguran o campamento de ocio Gondoverán

No campamento, que se desenvolverá durante o mes de xullo, participan 70 menores de entre 3 e 12 anos

Nesta edición recibíronse un total de 105 solicitudes

Gondoveran10O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e a concelleira de Igualdade, Patricia Durán, visitaron esta mañá o GONDOVERÁN, un campamento de ocio e tempo libre no que participarán 70 nenos e nenas (de entre 105 solicitudes), de entre 3 e 12 anos, durante todo este mes de xullo.

Durante o campamento os nenos/as, divididos en Maxis (de 6 a 12 anos) e Minis (de 3 a 6 anos) levarán a cabo multitude de actividades como xogos de coñecemento, de grupo, obradoiros, jimkanas; ademais de distintas visitas entre as que se encontran o Pazo de Gondomar, a panadaría Copena, o Monte Galiñeiro, etc; todo isto supervisado por monitores/as con formación en Igualdade de Oportunidades.

Esta iniciativa, posta en marcha pola Concellaría de Igualdade a través do Centro de Información á Muller e con colaboración da Deputación de Pontevedra, ten como obxectivo favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo, ao tempo que potenciar o desenvolvemento integral do neno/a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do ámbito próximo, dende unha pedagoxía do ocio baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

O Gondoverán continuará durante todo o mes de xullo en horario de 08.00 a 15.00 horas no CEIP Chano Piñeiro.