^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Wednesday, 13 May 2020 09:31

REAPERTURA DO PUNTO LIMPO DE GONDOMAR

Mañá mércores 13 de maio o punto limpo de Gondomar volverá a abrir as súas portas aplicando as normas impostas polas autoridades sanitarias.

Será imprescindible a cita previa a través do teléfono 900 107 382. Non se atenderá a ninguén que se achegue sen tela.

O aforo limitarase a dúas persoas, deberán manterse as normas de distanciamento social dos dous metros e seguir as indicacións do personal do punto limpo. Recoméndase o uso de luvas e mascarilla.

 

️Cita previa no 900 107 382

Lunas a xoves: 16.00 a 19.00 horas

Venres e sábado: 09.00 a 13.00 horas

 

 

APERTURA PL.jpg

O concello de Gondomar non se queda atrás e no seu percorrido inclúe a todos e todas. A aposta pola súa mocidade é un obxectivo que persigue continuamente a a concellería de Xuventude promovendo actividades e poñendo ferramentas ao seu alcance, sen perder de vista as súas demandas e modas. Por eso a OMIX renova e actualiza a súa imaxe buscando achegarse aos valores dos rapaces como son a frescura, a vitalidade, dinamismo, diversidade…

Información fiable, próxima e exhaustiva, pasando por formación de calidade e permanente asesoramento infividualizado ao que se engade unha oferta variada e innovadora de oportunidades, recursos, espazos e actividades se poñen a disposición diariamente a través da OMIX, que segue a traballar para estar atender as vosas demandas. Buscádenos. Non nos perdades de vista.

difusión logo.jpg

Non parece haber segredos para os nosos menores á hora de enfrontarse ás novas tecnoloxías, que nestes días de confinamento convertíronse en grandes aliadas.

Aínda así expertos lembran a importancia de establecer un control sobre o uso destas tecnoloxías e por elo o Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE) pon a disposición de cidadáns, empreas e familias o teléfono gratuito 017.

Su obxectivo, proporcionar asesoramento psicosocial, técnico e en aspectos legais, ligados a situacións de risco e conflitos que poidan experimentar os menores en Internet, así como detectar posibles adiccións.

Este servizo público, gratuito e confidencial resolve dúbidas que poidan xurdir entorno o manexo dos nosos nenos de internet… que debemos ter en conta?

Consultar cales son os contenidos inadecuados o perxudiciales para o menor; cando estamos ante un caso de uso excesivo das pantallas e posible adicción; que pautas ter para lograr a mediación parental, de acompañamento o supervisión dos nenos e adolescentes; cal é o equilibrio dixital adecuado, ou, pautas para o uso, configuración segura e protección de dispositivos, son algunhas das materias sobre as que poderemos preguntar no 017.

Ademáis deste teléfono, activo calquera día do ano entre as 09.00 e as 21.00 horas, o INCIBE pon a disposición de menores e o seu entorno os contidos de Internet Segura for Kids (IS4K).

NIÑO MOVIL.jpg

Monday, 11 May 2020 13:11

FASE 1 DA DESESCALADA XA EN MARCHA

Dende este luns 11 de maio Gondomar, e toda a comunidade de Galicia, camina hacia adiante no plan de desescalada aprobado polo Goberno Central ao entrar na fase 1. Un avance que permite flexibilizar restriccións vixentes ata o de agora, como por exemplo, a posibilidade de abrir as terrazas ou a apertura dos establecementos comerciais de menos de 400 metros cadrados. Os lugares de culto, os velatorios ou as normas de hixiene a ter en conta en cada unha das novas situación se recollen nesta nova primeira fase, que podedes atopar no seguinte cadro. Lembrar que o éxito deste avance da desescalada depende de todos nos, da responsabilidade individual pensando non so na nosa saúde se non na de toda a sociedade.

 

fase 1.jpg

Xa está aberto o prazo de inscrición para o acceso ao 1º curso no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2020/2021. Poderase escoller entre varios instrumentos como clarinete, saxofón, violín, viola, guitarra ou piano, e actividades complementarias como orquestra, coro, concertos, conferencias e moito máis.
Máis información: 986360746(mañás) ou 986389283(tardes), na páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalgondomar/ ou enviando un correo electrónico a: [email protected]xunta.es

 

CARTELES INSCRICIÓN vento madeira Conservatorio Gondomar 2020.png

Dende este pasado luns 04 de mayo os establecimientos e loais comerciais minoristas e de actividades de servizos profesionais poden reanudar a súa actividade dentro da fase cero da desescalada posta en marcha polo Goberno Central, que establece unha serie de requisitos que deben cumprir neste regreso progresivo a “nova normalidade”. Sistema de cita previa, un único cliente por traballador, horario preferente para maiores de máis de 65 anos, así como a adopción das medidas de hixiene estipuladas polas autoridades son algunhas das normas a cumprir. No seguinte cadro aparecen resumidas para aclarar calquera dúbida que teñades. Lembrade que a loita contra o virus depende de todos.

 

minoristas y pequeños comercios.jpg

Hostalería e restauración poden dende está semana iniciar a súa desescalada cumprindo unha serie de normas e criterios establecidos polas autoridades competentes. Cuestións como o aforo, distancia de seguridade ou medidas hixiénicas son algunhas das cousas que van cambiar. Tanto hostalería como restauración poderán abrir pero para facer entregas a domicilio ou ben para recoller no establecemento. Aquí están resumidas as indicacións por si tedes dúbidas. Lembrade que a loita contra o virus depende de todos.

 

desescalada hostelería.jpg

Dende o ano 2009 cada cinco de maio ven celebrándose a xornada mundial da hixiene de mans en atención sanitaria en todo o mundo. Esta iniciativa enmárcase dentro dentro do programa de Seguridade de Atención ao Paciente da Organización Mundial da Saúde (OMS) "Save lives, clean your hands (Salva vidas, lava tus manos)".
Unha mensaxe que sempre debemos ter presente e que agora cobra aínda máis importancia na loita contra o Coronavirus, ao ser un correcto lavado das nosas mans unha das principais ferramentas para frear o avance do virus. Lembrádeo!!

 

manos higiene.jpg

Rss