^ Ir arriba

novas

últimos vídeos

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Wednesday, 13 March 2019 10:45

Consulta do censo electoral.

Dende o día 11 ata o 18 de marzo poderase consultar o censo electoral ordinario que rexirá nas Eleccións Xerais.

 

Anuncio publicacion censo.jpg

O Goberno Municipal de Gondomar entrega á Entidade Local Menor de Morgadáns 168.661€ para investir na parroquia.

O Concello de Gondomar, una ano máis en tempo e forma, fai entrega á Entidade Local Menor de Morgadáns da cantidade de 45.863,35 euros, correspondentes o 25% dos impostos devindicados no exercicio do ano 2018, ao obxecto de que sexan investidos, coma considere o seu presidente, nas melloras na parroquia.

Neste mandado, baixo o goberno de Paco Ferreira como alcalde, a Entidade Menor de Morgadáns recibiu puntualmente ditas aportacións dinerarias: no ano 2015 a cantidade de 42.156,89 euros, no 2016 a cantidade de 40.172,43 euros, no 2017 a cantidade de 40.468,38, e este ano 45.863,35 euros, sumando un total no carto mandato de 168.661,05 euros.

Ademais, da aportación da cantidade indicada, o goberno municipal levou a cabo distintas melloras en infraestruturas e servizos, así como a tramitación e xestión para a mellora da carreteira de titularidade municipal por valor de máis de 400.000 euros de inversión, o desraizado da carreteira de Prado, o acondicionamento de camiños, o a modificación e revisión do proxecto de saneamento e recuperación do barrio de A Pedra, concluíu o alcalde Paco Ferreira.

 

WhatsApp Image 2019-03-05 at 17.50.39.jpeg

Sométese a información pública dun mes o expediente para que aquelas persoas interesadas poidan presentar as alegacións, documentos ou xustificacións que consideren pertinentes.

2790.2018 BOPPO 30.01.2019 CAMINO DA POUSA PINEIRO PEITIEIROS

Convocatoria pública para a inscrición e selección de Comparsas e Carrozas participantes no Desfile de Comparsas e Carrozas de Entroido 2019 do Concello de Gondomar, polo sistema de inscrición.

 

REQUISITOS: Especificados nas Bases da Convocatoria dispoñibles abaixo para descargar e nos Departamentos de Rexistro e no de Cultura do Concello de Gondomar.

 

PRAZO PRESENTACIÓN: Ate ás 23:59 horas do luns 17 de Febreiro de 2019, dende o día seguinte á publicación do correspondente anuncio da convocatoria no Diario EL ATLÁNTICO, sen prexuízo da súa publicación no Taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web.

 

Documentos de inscrición e anexos para descargar:

Instancia de Inscrición

Anexo Bases

INICIO DO PROCEDEMENTO DE MODIFICACIÓN DO INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS DE CARACTER PEONIL A PASO RODADO DO CAMIÑO DE O OUTEIRO EN AREOSA, DONAS

Ref. mdg/A/Urb./Expte. 2543/2017

ANUNCIO

ASUNTO.—INICIO DO PROCEDEMENTO DE MODIFICACIÓN DO INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS DE CARÁCTER PEONIL A PASO RODADO DO CAMIÑO DE O OUTEIRO EN AREOSA, DONAS

De conformidade co establecido polos artigos 56 e seguintes do Regulamento de bens das entidades locais e do establecido polos artigos 50 e seguintes da Lei de patrimonio das AAPP, sométese a información pública dun mes o expediente número 2543/2017, relativo ao asunto indicado no encabezamento, para que aquelas persoas interesadas poidan presentar cantas alegacións, documentos ou xustificacións estimen pertinentes en relación a dito asunto.

Gondomar, 30 de novembro de 2018

A concelleira de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda

Iria Lamas Salgueiro

Por delegación de sinatura por Resolución da Alcaldía do día 22.10.2018

 

ENLACE Á PUBLICACION ORIXINAL NO BOP https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/12/26/2018057972

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Municipal

Gondomar

Outros documentos, notificacións e informacións públicas

INICIO DO PROCEDEMENTO DE INVESTIGACIÓN DA CUALIFICACIÓN XURÍDICA DUN RAMAL NUN CAMIÑO DE PIQUETES, MAÑUFE (ESTRADA LEVADAS ESTRADA)

ANUNCIO

ASUNTO.—INICIO DO PROCEDEMENTO DE INVESTIGACIÓN DA CUALIFICACIÓN XURÍDICA DUN RAMAL NUN CAMIÑO DE PIQUETES, MAÑUFE (ESTRADA LEVADAS ESTRADA)

De conformidade co establecido polos artigos 56 e seguintes do Regulamento de bens das entidades locais e do establecido polos artigos 50 e seguintes da Lei de patrimonio das AAPP, sométese a información pública dun mes o expediente número 182/2018, relativo ao asunto indicado no encabezamento, para que aquelas persoas interesadas poidan presentar cantas alegacións, documentos ou xustificacións estimen pertinentes en relación a dito asunto.

Gondomar, 17 de decembro de 2018

A concelleira de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda

Iria Lamas Salgueiro

Por delegación de sinatura por Resolución da Alcaldía do día 22.10.2018

Enlace detalle no BOP Pontevedra

Sométese a información pública dun mes o expediente para que aquelas persoas interesadas poidan presentar as alegacións, documentos ou xustificacións que consideren pertinentes.

PUBLICACION BOPPO 19.12.2018 CAMINO DA PEDRA EN MORGADANS

Monday, 10 December 2018 10:31

Encontro con empresas: Cita co emprego

Encontro con empresas: Cita co emprego actividade da concellería de Emprego que pretende achegar os participantes a realidade de mercado laboral mediante o contacto directo entre empresas da zona para obter información sobre qué buscan as empresas nos seus potenciais traballadores, qué perfís profesionais soen requerir, tendo ademáis unha oportunidade de presentarse de xeito individual e acceder a unha entrevista expres con cada unha de elas. 

Para elo estamos a preparar as seguintes acción:

17 decembro 2018

Preparación con unha experta en selección de persoal das entrevistas expres, as persoas que queiran acudir a unha sesión de preparación de entrevistas de traballo, previa inscripción, se achegarán este día de 9:30 a 13:30 ó centro neural (policía local) cunhas copias de su CV e serán asesoradas pola preparadora para as entrevistas do día 18.

18 decembro 2018

8:45 recepción asistentes

9:00 Presentación e mesa redonda de empresarios: os representantes das empresas

11:00 rolda de preguntas

11:30 pausa café

12:00 entrevistas exprés

14:00 peche

 

(As persoas que queiran inscribirse terán que descargar, completar e remitir o formulario por email a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.)

>> DESCARGAR FORMULARIO INSCRICIÓN

CartelA4 1

 

Inicio de oficio do procedemento de investigación para a modificación no inventario de bens municipais do camiño denominado "Chans do couto" situado en Mourisca, Chaín.

 

Ref. mdg/A/Urb./Expte. 1305/2018

 

PUBLICACION DO BOPPO 03.12.2018

 

Contratación de 20 traballadores/as a través da liña 3, emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2018. Finaciado pola Deputación de Pontevedra con 218.552,34 €.

O Plan Concellos 2018 está  financiado con fondos propios da Deputación de Pontevedra destinado á colaboración nas obras e servizos de competencia municipal dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, durante este ano se formalizaron 20 contratos de 8 meses de duración: 13 peóns Obras Públicas, 1 ferreiro, 1 electricista, 1 conserxe, 2 conductores, 1 aux advo e 1 técnico turismo.

Un dos eixos principais deste plan é o Emprego (liña 3 do plan). En calquera concello, con independencia do seu nivel de desenvolvemento, a base para impulsar de forma crecente e sostible a prosperidade, a cohesión e a inclusión social é contar cunha oferta suficiente de emprego. Por iso este Plan permite que os concellos destinen unha parte importante da cantidade que lles corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de forma directa por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no servizo público de emprego, sempre respectando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e a debida adecuación salarial á cualificación profesional dos postos que se van cubrir, co límite mínimo do salario mínimo interprofesional que estea vixente en cada momento.

 

PlanConcellos 2018

Rss