^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Friday, 05 December 2014 00:05

Gondomar acende as súas luces de Nadal

O próximo sábado día 6 de decembro o Concello de Gondomar acenderá a súa iluminación de Nadal ás 18 horas. A iluminación acompañada de ambientación musical, permanecerá acendida ata o 6 de xaneiro en horario de 18 horas a 00.00 horas.

Conscientes da influencia que a ornamentación do Nadal ten sobre o comercio e hostalaría local, este ano o Concello de Gondomar aumentou o número de rúas iluminadas ao contar estas con novos negocios nun afán de apoiar ao pequeno comerciante e ao ser o 100% da iluminación de Nadal instalada iluminación led de baixo consumo.

IMG-20141203-WA0000O alcalde de Gondomar,Fernando Guitián, acompañado polo tenente de alcalde Natalia Salgueiro e a concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, visitou na tarde de onte a Gumersinda Cortegoso Pereira para homenaxeala no seu 103 aniversario, converténdose na veciña de maior idade do municipio.

O alcalde de Gondomar, en representación do goberno municipal, fixo entrega dun ramo de flores á centenaria nun acto emotivo no que estivo presente tamén a familia da homenaxeada.

Wednesday, 03 December 2014 23:09

Gondomar amplía as súas prazas de aparcadoiro

O Concello de Gondomar inicia as obras do novo aparcadoiro que se situará nas inmediacións do Centro de Desenvolvemento Local grazas a unha subvención concedida pola Deputación provincial de 229.000 euros que permitirán á súa vez a urbanización e ampliación das beirarrúas da rúa Diego Sarmiento de Acuña.

O goberno municipal cumpre así cun dos puntos incluídos no seu programa electoral e que permitirá reordenar o tráfico no centro urbano e favorecer a futura humanización do municipio ao fomentar o tránsito peonil pola zona urbana.

Unha parte da subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra destinarase á súa vez á canalización da rede de media tensión situada na zona deportiva de As Cercas que na actualidade se encontra aérea.

O Club de Tiro con Arco Serra de Gondomar conquistou os primeiros postos nas categorías composto infantil e composto feminino no XVIII Trofeo da Federación Galega de Tiro con Arco que se celebrou durante este fin de semana no pavillón Galán de Arteixo.

Gabriel Motto, con 565 puntos, conseguiu o primeiro posto na categoría composto infantil disputada o sábado, quedando a tan só 5 puntos do mínimo esixido pola Federación para ir subvencionado ao Campionato de España. Pola súa banda, Rubén Rodríguez logrou ser o segundo clasificado cun total de 534 puntos. O mesmo sábado se disputou a modalidade arco nu na que Marco Melón logrou o segundo lugar, a tan só 13 puntos do primeiro clasificado.

Na xornada do domingo, dentro da categoría sénior de arco composto, Sandra Motto converteuse na gañadora da modalidade feminina con 476 puntos. Os arqueiros Daniel Reynaldo e Rubén Porto quedaron no cuarto lugar ao empatar con 556 puntos cada un.

O vindeiro día 25 de novembro, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, as e os alumnos de 3º e 4º de la ESO dos IES Aguas da Laxe e Terra de Turonio de Gondomar, repartirán carteis e trípticos polos diferentes comercios da localidade, así como á poboación en xeral, a partir das 10.30 horas como parte dunha campaña publicitaria de sensibilización sobre a violencia de xénero desenrolada polas propias alumnas e alumnos mediante o programa ENTÉRATE do Concello de Gondomar, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e la Secretaría Xeral de Igualdade. A partir das 12 horas las e os estudantes lerán un manifiesto fronte ao Concello onde terá lugar unha concentración en repulsa sobre a violencia de xénero.

A preparación da campaña publicitaria levouse a cabo mediante obradoiros de sensibilización nas aulas dos centros educativos con catro sesións de 100 minutos de duración cada unha, onde as alumnas e alumnos foron divididos en grupos de traballo e orientados por profesionais. Mediante debates e tormentas de ideas elixiuse o slogan, a mensaxe a transmitir e a elección de soportes publicitarios para facer chegar a mensaxe.

Culmina así, o vindeiro día 25 de novembro, un traballo colaborativo de concienciación sobre a violencia de xénero coa exposición da campaña á sociedade de Gondomar mediante carteis, publicidade en Internet, en radio e lectura dun manifiesto nunha aposta clara por parte do Concello de Gondomar de involucrar ás mozas e mozos da localidade, y á poboación en xeral, nun acto de reflexión colectiva.

O Concello de Gondomar, a través da concellaría de Vías e Obras, levou a cabo tarefas de limpeza nas pontes de madeira da zona urbana debido á acumulación de verdín nas pasaderas derivada da humidade.

A necesidade de limpar as pontes de madeira para a seguridade da cidadanía paralizou momentaneamente as obras de acondicionamento de marquesiñas que o Concello está a levar a cabo dende as últimas semanas. Así mesmo, esta semana finalizará a limpeza de parques infantís como o Parque da Feira xa que, a pesar do tratamento aplicado á madeira no verán, as condicións climatolóxicas características desta época do ano provocan a aparición de verdín.

O Concello de Gondomar, a través da concellaría de Xuventude e a concellaría de Formación e Emprego, pon en marcha un curso gratuíto de "Diseñador CAD en Solidworks" do 5 ao 23 de decembro dirixido a enxeñeiros, aparelladores, delineantes, arquitectos e persoal técnico que desexen obter formación neste campo e que lle permitirá contar coas capacidades necesarias para presentarse ao exame do título homologado "Diseñador CAD Solidworks".

O curso, cunha carga lectiva de 36 horas distribuídas en horario de mañá, de 10 horas a 13 horas, capacitará o alumnado coas ferramentas necesarias para construír modelos paramétricos de pezas e ensamblaxes, así como planos, o que supoñerá un elemento diferenciador no seu currículo ao contar con esta formación especializada.

As inscricións deberán formalizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (986 369 746) ou no Centro de Desenvolvemento Local (986 384 020) e terán preferencia aqueles solicitantes empadroados en Gondomar e desempregados.

Monday, 17 November 2014 22:52

Curso de operador de camión grúa

A Cámara de Comercio de Gondomar, en colaboración coa Concellaría de Formación e Emprego, organiza un curso formativo de operador de camión grúa os días 1,2 e 3 de decembro de 9 horas a 14 horas no Centro Neural de Gondomar.

Co obxectivo de aumentar a seguridade do alumno á hora de levar a cabo operacións de manexo da grúa auto cargante, ofreceranse 5 horas de formación teórica e 10 de formación práctica de acordo ao real decreto 1215/97 polo que se establecen as condicións mínimas de seguridade e saúde dos traballadores que utilizan este tipo de maquinaria.

Os interesados deben inscribirse do 17 de novembro ao 21 de novembro no Centro de Desenvolvemento Local en horario de mañá, de 9 horas a 14 horas, con preferencia para os solicitantes empadroados e4n Gondomar e con maior antigüidade na demanda de emprego.

O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, xunto á concelleira de Educación, Paula Bouzos Barros, reuníronse coa ANPA do CRA Antía Cal para transmitir a concesión dunha axuda por parte da Deputación de Pontevedra para amañar o tellado da Escola Unitaria de Peitieiros.

A Deputación provincial outorgou unha subvención de 38.000 euros cuxa adxudicación será inminente, según informa Paula Bouzos. A súa vez, representantes da ANPA solicitaran ao Concello o acondicionamento do patio de area da Escuela Unitaria, obra sobre a cal o Concello compromeuse a executar en breve período de tempo.

Rss