^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Tuesday, 21 October 2014 12:11

Gondomar premia aos seus hostaleiros

Tapas do Conde 2014O pasado lúns día 20 de outubro tivo lugar a entrega de premios do concurso Tapas do Conde celebrado en Gondomar o pasado mes de agosto no que máis de 20 establecementos participaron nas categorías salgado e doce.
O acto de entrega tivo lugar no Pazo do Conde de Gondomar e estivo presidido polo alcalde Fernando Guitián, a concelleira de Turismo e Comercio Paula Bouzos, o Conde de Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba e a presidenta da asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, Ovalmi, Ana Ferreiro.
Na categoría de tapa salgada o primeiro premio recibiuno a cervexaría Ágora, o segundo a cervexaría Yantar e o terceiro o restaurante "La Vitrola". Na categoría de tapa doce a cervexaría Ágora foi novamente a elexida para levarse o primeiro premio, seguida do restaurante "La Vitrola" e a tapería Seixos, premios outorgados dacuerdo ás votacións particulares dos clientes.
O Conde de Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba, agradeceu a presencia dos asistentes no seu fogar invitándoos a sentirse coma na súa propia casa, "este pazo é do pobo", comentaba. Ana Ferreiro, presidenta de Ovalmi, resaltou a importancia de que os comerciantes traballen unidos para conseguir a promoción de Gondomar, "hai que conseguir que se achegue ao noso municipio xente de outras zonas e iso lograse coa unión e o esforzo colectivo". Pola súa parte o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, fixo fincapé na necesidade do traballo conxunto non só entre os hostaleiros, se non tamén entre éstos e o Concello, "é preciso un interlocutor que exixa ao Concello aquilo que cre que pode ser bo para o pobo e desenvolver unha relación de cooperación para resolver, na medida que sexa posible, estas necesidades con beneficio colectivo". Así mesmo, Fernando Guitián recoñeceu o Pazo do Conde de Gondomar coma "un dos entornos máis bonitos do Val Miñor", e agradeceu a axuda e disposición do Conde para a celebración deste acto.
Esta segunda edición do concurso Tapas do Conde xuntou un maior número de asistentes que a edición anterior, polo que as autoridades e organizadores implicados aseguraron traballar arduamente de cara ao vindeiro ano e convertir a festa nunha tradición de referencia do verán gondomareño, "sen a vosa colaboración e ilusión esta iniciativa non sairía adiante", destacaba Paula Bouzos, concelleira de Turismo e Comercio.

O Concello de Gondomar celebra o funcionamiento do muro-grada instalado fronte ao Centro de Desenvolvemento Local que onte impediu o paso da auga do río Miñor, desbordado a causa do temporal.
O caudal del río asolagou as áreas próximas a éste sen afectar, non obstante, ao CDL, que desde a súa construcción nos anos 70, vírase afectado polas inundacións durante os invernos debido á situación xeográfica de baixa altura do edificio. De no existir o muro de contención o aumento do caudal do río tería inundado o edificio alcanzando os 60 cm de altura.
O muro-grada, cuxas obras finalizaron na primaveira deste ano, cumpre así coa labor de protección dos edificios fronte as inundacións que, durante máis de 40 anos, alcanzaron o edificio municipal.
Desde o goberno municipal buscase así minimizar o impacto das crecidas mediante obras que permitan o uso público adecuado das instalacións do entorno do río. Así, o paseo fluvial finalizado en diciembre do ano pasado e que as chuvias e riadas destrozaron afectando aos taludes, non sufriron ningún desperfecto na xornada de onte grazas ás obras de reparación levadas a cabo polo Concello e que evitaron o vertido de terras ao cauce do río.

Friday, 17 October 2014 11:05

Curso de operador de carretillas elevadoras

A Cámara de Comercio de Gondomar, en colaboración coa Concellaría de Formación e Emprego, organiza un curso formativo de operador de carretillass elevadoras os días 3,4,5,6 e 7 de novembro de 9 horas a 14 horas no Centro Neural de Gondomar co fin de dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para utilizar as carretas en ámbitos específicos. Os alumnos adquirirán coñecementos sobre as modalidades, condicionantes e riscos das distintas operacións de manipulación de cargas en función dos equipos e situacións habituais.

O curso ten unha duración total de 25 horas, 5 horas de formación teórica e 20 horas de formación práctica mediante o uso de maquinaria.

Os interesados deben inscribirse a partir deste luns día 20 de outubro e ata o venres día 24 de outubro nas oficinas do Centro de Desenvolvemento Local en horario de mañá. Hai un total de 20 prazas dispoñibles, que serán outorgadas con preferencia aos solicitantes empadroados en Gondomar e con maior antigüidade na demanda de emprego. Os solicitantes deberán presentar así o volante de empadroamento, copia da tarxeta de demandante de emprego e DNI.

O proxecto comarcal "Valemprego", que comprende diferentes accións formativas dirixidas a persoas desempregadas, ofrece o vindeiro xoves día 23 de outubro unha charla sobre cooperativismo ás 10.30 horas no Centro Neural de Gondomar.
Baixo o nome, "Cooperativismo como alternativa ao autoemprego", persoal técnico da federación galega de Cooperativas Sinerxia informará aos asistentes sobre as características, vantaxes e oportunidades desta fórmula xurídica respecto a outras con exemplos de casos reais de experiencias cooperativistas exitosas.

Os interesados deberán presentar a solicitude, dispoñible na página web e Departamento de Emprego do Concello, e entregala no mesmo departamento ou remitila ao correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..
O proxecto "Valemprego" continuará realizando actividades formativas ata final de ano co fin de aportar ás persoas desempregadas as ferramentas precisas para aumentar as posibilidades de inserción no mercado laboral.

A concellaría de Medio de Gondomar acondicionou zonas de recollida de residuos nas parroquias de Donas, Borreiros e Villaza mediante limpeza, valado e sinalización.

A Xunta de Galicia, a través da concellaría de Industria e Comercio, concedeu a Gondomar unha subvención para acometer obras de mellora na Praza de Abastos Municipais.

Wednesday, 15 October 2014 16:45

Gondomar recupera o lavadoiro de Abrollido

O Concello leva a cabo obras de mellora en diferentes parroquias coa reparación dunha curva en Morgadáns e instalación dunha marquesiña en Vincios

 A Oficina de Información Xuvenil de Gondomar organiza unha charla gratuíta dirixida a emprendedores o día 31 de outubro no Centro Neural do municipio. Baixo o nome "Emprendendo dende a Rede", persoal formado da Xunta de Galicia asesorará os asistentes sobre as novas posibilidades de emprendimiento que ofrece hoxe Internet, con especial fincapé nos blogs e o sistema de financiamento Crowdfunding.

O Concello de Gondomar recorda que, segundo o acordo aprobado no pleno a data 8 de novembro do 2012 sobre a Ordenanza fiscal reguladora da Tasa de recollida de lixo, quedarán exentos de este pago aqueles cuxos ingresos sexan inferiores ao indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM) de 532 euros. Así mesmo, terán dereito á bonificación do 50% da cuota, respecto a súa vivienda actual, aquelas persoas que no momento da solicitude teñan uns ingresos anuais, incrementados co das persoas empadroadas na mesma vivenda, non superiores á cantidade resultante de multiplicar por 1,3 o IPREM durante o ano natural anterior a aquel ao que se ven a producir efecto.

O Concello de Gondomar, tras o desbordamento do río Miñor a pasada semana debido ás fortes chuvias e a preamar, celebra o funcionamento do novo muro - grada instalado diante das edificacións do Centro de Desenvolvemento Local como medida de protección ante as inundacións do edificio que en anos anteriores se repetían debido á situación xeográfica de baixa altura do lugar.

Rss