^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Terá lugar o mércores 28 no Auditorio Lois Tobío, ás 20.00 horas

O municipio volverá ser escenario dun dos tramos do percorrido e acollerá, o venres 30, un parque de reagrupamento na Praza do Concello

Aínda que o cruzamento se sitúe no municipio de Nigrán foi o Concello de Gondomar, quen a petición de veciños de Mañufe, Donas e Borreiros, solicitou esta actuación

O Concello de Gondomar reduciu, nun 75%, o canon da auga e de vertedura aboada á Xunta de Galicia.

Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González Camesella, quen afirma que esta redución é o froito da revisión e reparación das subministracións municipais. "Só o cambio das instalacións de fontanaría da Praza de Abastos permitiu o aforro duns 4000 € anuais en concepto de canon; contado con que a obra realizada no 2012 custou uns 9000 €, a día de hoxe xa foi amortizada", explica o edil.

Por ano, os importes foron:

2009 11.400€
2010 9.659€
2011 10.270€
2012 4.900€
2013 2.700€

 

O Concello de Gondomar continúa co importante labor da optimización das subministracións municipais. Recordar que no ano 2013 tamén se reduciu a facturación eléctrica nun 20%.

O prazo remata o 28 de maio, ás 20.00 horas
As inscricións desde Xuvenís ata Veteráns realizaranse a través da web www.atletismogalego.org. Nas categorías menores farase a través do correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Durante catro horas os rapaces e rapazas puideron gozar de distintas actividades e xogos

A xornada busca fomentar e impulsar o deporte e os valores de respecto e esforzó

O Concello de Gondomar foi, nesta ocasión, o anfitrión desta tradicional proba que congrega participantes de todo o Val Miñor

Terá lugar os días 16, 17 e 18 de maio
19 establecementos de Gondomar, Mañufe e Peitieiros participan no evento organizado dende a Comisión de Hostaleiros de Gondomar en colaboración co Concello

As solicitudes poderán presentarse ata o 16 de xuño preferentemente

Rss