O Clube de Tiro con Arco "Serra de Gondomar", creado este ano 2014, coronou os primeros postos o pasado domingo na 1º Xornada da Liga Galega Recorridos de Bosque 3D celebrada na praia de A Lanzada. O arqueiro Rubén Rodríguez Alleres conseguiu o primeiro posto dentro da categoría menores de 14 anos sen visor e Marco Melón González fíxose co segundo premio dentro da categoría senior arco desnudo. Pola súa parte, Israel Martínez Rodríguez, na mesma categoría senior arco desnudo, alcanzou un quinto posto, posición destacable en palabras do clube, ao ser a súa primeira participación nun campeonato de este tipo.
"Serra de Gondomar" celebra así os bos resultados do clube e anima, xunto a concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro, a participar nas escolas deportivas que o Concello organiza xunto coa Deputación de Pontevedra para o curso 2014/2015 e que ofrecen, entre outras actividades, clases de tiro con arco.
O Pleno terá lugar o vindeiro xoves 18 de setembro
O prazo de matrícula abre o vindeiro luns, 15 de setembro
As persoas interesadas poderán inscribirse, durante a segunda quincena de setembro, no Pavillón Municipal de Deportes, en horario de 10.00 a 12.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas
Os cursos serán gratuítos, terán unha duración de entre 60 e 85 horas e haberá un total de 75 prazas
O Gondomar C.F. enfrontarase ao Celta de Vigo, con motivo da celebración do seu centenario
O encontro será o 26 de agosto, ás 19.30 horas
A Concellaría de Turismo do Concello de Gondomar, en colaboración coa Comisión de Hostaleiros de Gondomar e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), organiza para os días 14, 15, 16 e 17 de agosto a segunda edición de Las Tapas del Conde
Dezaseis establecementos de Gondomar participan no evento que recoñecerá á mellor tapa cun premio outorgado polo Conde de Gondomar
Unha brigada do Concello comezou os traballos de valado e sinalización de zonas de recollida de residuos en distintos punto do municipio
Por outra parte, a xefatura da Policía Local de Gondomar emitiu un informe para a apertura dun expediente sancionador contra un veciño de A Ramallosa polo abandono de residuos non asimilables a domésticos fóra dos colectores
Desde a Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar infórmase de que o pasado día 5 a Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar o tícket eléctrico social. Esta medida ten por obxectivo reducir o custo da factura para aquelas familias galegas con menos recursos. Deste xeito, este tícket está dirixido ás familias galegas con fillos menores de idade ao seu cargo e cuxos ingresos non superan o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). Os beneficiarios poderán solicitar o tícket ata o vindeiro 5 de novembro
Para máis información e presentación de solicitudes dirixirse ao Departamento de Benestar Social do Concello, sito na Casa da Cultura.