^ Ir arriba
Xoves, 29 Xuño 2017 11:48

Obradoiros de percusión e skateboard para o verán.

QUE VAS FACER EN AGOSTO?
A Concellería de Xuventude do Concello Gondomar presenta á mocidade para o mes de agosto un obradoiro de percusión e outro de skateboard.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, oferta a mocidade para o mes de agosto dúas actividades de ocio alternativo, lúdico e con marcado carácter xuvenil.
Comezaremos do 1-5 de agosto cun obradoiro de percusión dirixido a mozos e mozas entre 10 e 20 anos. A través de elementos como bidóns, cubos de pintura, botellas, latas de conserva os participantes aprenderán a facer unha batucada dando a coñecer a infinidade de elementos que poden ser empregados como instrumentos musicais. A inscrición para este obradoiro realizarase do 4-28 de xullo.
Logo, ofertaremos do 7 ao 11 de agosto un obradoiro de Skateboard pioneiro neste concello. Con este deporte urbano, queremos fomentar e axudar os apaixonados do mundo do deslice a oportunidade de iniciarse nel de forma segura e con control.
A preinscrición será do 3 ao 31 de xullo, para máis información chamar ao 986.369.746 Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Anexos para á solicitude dos cursos nas seguintes enlaces:

Curso de percusión

Curso Skateboard

obradoiro percusion 

Last modified on Sábado, 01 Xullo 2017 10:26
More in this category: « Formación Profesional Dual