^ Ir arriba
Novas do OMIX

Novas do OMIX (168)

reapaertura.jpg

A partir deste luns día 1 de xuño a Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do concello de Gondomar recupera a atención presencial nas súas instalación, neste proceso de desescalada no que pouco a pouco imos todos voltando a "nova normalidade".

A actividade retómase no horario habitual de 08.00 a 14.00 horas sen esquencer o momento que estamos a vivir, polo que terán prioridade as consultas que se fagan vía telefónica (986 369 946), a través do correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., ou, a través de instagram direct.

Os trámites que precisen ser atendidos de forma presencial se farán na oficina, ubicada na casa da Cultura, con CITA PREVIA e adoptando todas as medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias: uso de máscara, lavar as mans con xel de hidroalcohol, e manter a distancia de seguridade interpersoal.

Lembrade mocidade, xa estamos de volta na OMIX¡

CONVOCA: AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA.

CONTIDO: convocase as probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática
( CODIX).

CONTIDOS PROBA: Sistema operativo, busca da información; Procesador de Textos; Follas de cálculo, Bases de datos; Presentacións gráficas.
REQUISITOS: persoas maiores da 16 anos, ou cumprilos antes de que finalice o prazo de inscrición, estar dado de alta como usuario da rede CEMIT e aboar a taxa de exame (10,37€).

PRAZO: solicitude participación na proba libre 21/10/2019

Información DOG 14/10/2019 Inscricións http://cemit.xunta.gal

Luns, 10 Xuño 2019 12:07

Probas acceso ensinanzas deportivas

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio ou superior nas modalidades de fútbol, fútbol sala, balonceso, balonmán, atletismo e vela.

Prazo de inscrición ata o 10/07/2019 nos centros do anexo IV.

Venres, 24 Maio 2019 20:01

Actividades de verán

Oferta de actividades para este verán dende a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar.
 
Inscricións telefónicamente a partir do 1 xuño no 986 369 746
A Consellería de Política Social lanza 216 prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería para o curso 2019/20.
Estableceranse as bases reguladoras para a adxudicación de prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de concorrencia competitiva. Prazas para estudantes e prazas para traballadores/as, con idades entre 18-30 anos durante un período máximo de 11 meses.
 
residencia.jpg
Mércores, 15 Maio 2019 17:03

Ensinanzas de réxime especial

A Concellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para o acceso a ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática, Estudos Superiores de Música e Estudos Superiores de Deseño.

Mércores, 08 Maio 2019 13:37

Programa de mobilidade trasnacional

A Xunta de Galicia convoca o programa de mobilidade trasnacional, para a realización de prácticas formativas non laborais.
 
REQUISITOS: ter 18 anos cumpridos, estar inscrito no programa de Garantía Xuvenil.
 

O Concello de Gondomar organiza un curso de aprendizaxe de operacións básicas de carnicería e charcutería.

Podes inscribirte descargando e presentando o anexo de inscrición na OMIX.

 

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca axudas para realizar actividades de formación dirixidas a consecución de melloras nas competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM.

REQUISITOS: Alumnado de 3º e 4º da ESO matriculado en centros sostidos con fondos públicos de Galicia que estean matriculados no curso 2018/19.

Informa DOG 24/04/2019 ou https://www.edu.xunta.es/axudasst

Convócanse as prazas para os campamentos da Xunta de Galicia. Programación de actividades de tempo libre de calidade que se distribúe en campamentos en Galicia e noutras comunidades Autónomas e mediante procedemento xeral ou de inclusión( mozos/as que teñan unha discapacidade igual ou superior o 33%).

Página 1 de 12

Rss