^ Ir arriba
Novas do OMIX

Novas do OMIX (166)

Venres, 09 Xuño 2017 11:33

Curso de Lingua de signos

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro Valverde informa que se abre o prazo de inscrición para o curso de lingua de signos.

Mércores, 31 Maio 2017 11:39

Curso de iniciación a Robótica.

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar propón, como inicio de vacacións estivais unha actividade creativa na que incitaremos o mozo ou moza a explorar e a descubrir provocando un interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, comeza a programación do verán 2017. O tempo de ocio no verán incrementase e faise necesario garantir a mocidade un ocio accesible e alternativo e positivo, que aporte valores como a creatividade, cohesión social, empatía, innovación, etc.

Luns, 15 Maio 2017 10:28

Exposición fotográfica Viaxando.

Na casa do Concello, en Gondomar, poderás ver a creatividade da mocidade do Baixo Miño e Val Miñor.
Do 16 de maio ao 8 de xullo, temos no Concello de Gondomar a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao 10º Certame Fotográfico do ano 2016, un total de 19 fotos.

Nova proposta formativa do Concello de Gondomar dirixida á mocidade.
A Concellería de Xuventude dirixida por Nuria Lameiro, segue ca programación formativa dirixida a mocidade para que acaden unhs coñecementos útiles e diferenciadores de cara a súa inserción laboral.

Venres, 28 Abril 2017 19:38

Iniciativa Xove 2017

Axudas de 5000€ para a posta en marcha de inciativas ou proxectos liderados pola mocidade.

Ábrese o prazo para solicitar os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade no 2017.

Mércores, 19 Abril 2017 10:11

Campos de traballo

Actividades dirixidas a un grupo de mozos e mozas de distintas procedencias, que se comprometen de forma voluntaria e desinteresada a desenvolver un traballo de proxección social.

Luns, 17 Abril 2017 15:56

Campaña de Verán 2017

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

Mércores, 05 Abril 2017 13:04

Premios á xuventude.

Co ánimo de promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia créase os I PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE.

Página 10 de 12

Rss