^ Ir arriba
Novas do OMIX

Novas do OMIX (166)

A consellería de educación, universidade e formación profesional convooca as probas para obtención do título de graduado en ESO para maiores de dezaoito anos.

 

probas ESO

COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA
Convócanse as probas de acceso á Universidade para Maiores de 25 anos e Maiores de 45 anos, para este ano 2019

PRAZO: do 21 xaneiro ata 8 febreiro

+25: exame Fase Xeral (comentario texto, lingua castelá, lingua galega, lingua estranxeira a elexir).
Exame Fase específica ( opción A artes -humanidades, B ciencias, C ciencias da saúde,D ciencias xurídicas e sociais,E enxeñaría e arquitectura) e unha optativa

+45: proba comentario de texto, proba lingua castelá e proba lingua galega. Entrevista persoal

Información www.ciug.gal

Martes, 15 Xaneiro 2019 18:42

Aula de Teatro "Gondomar a escea"

Gondomar á escea.

A Aula de Teatro abre plazo de inscrición para aqueles que queiran participar en clases de expresión corporal, texto en voz, dinámica de grupo ou desinhibición.

Máis información na oficina do OMIX ou chamando ó 986 369 746.

Procedemento para avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación no ámbito da C. Autónoma de Galicia.

 

acreditate

Venres, 14 Decembro 2018 12:36

Becas de posgrado e doutorado La Caixa

A fundación "La Caixa" convoca un programa de becas tanto para posgrados como para doutorados.

Información e inscripción en: https://obrasociallacaixa.org

 

becas doctorado la caixa

becas la caixa

Venres, 30 Novembro 2018 16:59

Día Mundial da Sida

Co motivo do día mundial haberá postos de información e revisión o día 1 de decembro na Praza de Abastos.

 

dia mundial da loita contra a sida

Domingo, 18 Novembro 2018 12:00

Obradoiros Científicos

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar promove por segundo ano consecutivo unha iniciativa para fomentar unha ciencia divertida que esperte a curiosidade .

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro quere achegar á mocidade a ciencia e estimular o gusto polo saber científico.

 

Este ano vanse realizar uns obradoiros distribuídos por idade e temáticas durante os días 7,8 e 9 de decembro no Auditorio Lois Tobio. Levaremos a cabo obradoiros de natureza, de química, creativos, de auga, de fogo, aprenderemos experimentando e de forma amena.

 

Todo o que se anime a participar rematará esta experiencia coa visita a Exposición de Recursos Naturais de Galicia da Escola Técnica Superior Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo.

Para participar tes que chamar a Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX) no 986.369.746 e inscribirte a partir do 20 de novembro e ata rematar aforo.

 

OBRADOIROS CIENTIFICOS 1

O Programa TECENDO LAZOS 2018 da Deputación de Pontevedra chega a Gondomar cun obradoiro interxeracional no ámbito do lecer e o tempo libre.

 

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro oferta da través do Programa TECENDO LAZOS 2018 da Deputación de Pontevedra o obradoiro RISA e MOVEMENTO.

A proposta e que os días 24,26,27,28,31 de decembro e 2,3,4 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 poñamos en marcha este obradoiro. Poderán participar todos e todas as interesadas que teñan entre 10 e 99 anos.

Para poder participar deben cubrir unha solicitude, poden descargala na páxina www.concellodegondomar.gal ou na OMIX, aportando Fotocopia DNI e volante empadroamento. Tedes de prazo para realizar a solicitude dende o 20 de novembro ata 10 de decembro do 2018.

 

mod cartel gondomar

 

 

Página 3 de 12

Rss