^ Ir arriba
Novas do OMIX

Novas do OMIX (166)

Mércores, 17 Octubro 2018 10:45

Gañador do XII certame fotográfico "Viaxando"

SERGIO LORENZO ARES,  COA SÚA FOTO “ COMEZA A VIAXE” GAÑA O XII CERTAME FOTOGRÁFICO VIAXANDO

 

A OMIX  do Concello de Gondomar foi a encargada de por en marcha esta edición do décimo segundo certame VIAXANDO.

Este certame foi creado polas OMIX,s de Baiona, Tomiño, O Rosal, Porriño, Salceda de Caselas, A Guarda, Gondomar e o Espazo Xove de Tui no ano 2007. Un certame que aposta pola creatividade e orixinalidade da mocidade plasmada nunha fotografía.

Neste ano 2018 a Oficina Municipal do Concello de Gondomar foi a encargada da posta en marcha desta edición. O día 8 de outubro reuniuse o xurado formado polo Alcalde de Gondomar, Juan Francisco Ferreira; a Concelleira de Xuventude -Nuria Lameiro Valverde e os fotógrafos Miriam Rodríguez Davila, Pablo M. Banga González e Hugo Aboal de Castro, dando como gañadora das trece fotografía presentadas a Sergio Lorenzo Ares, natural de Tomiño pola súa foto “ Comeza a Viaxe”.

O día 19 de outubro as 18.30 farase entrega do premio o gañador, que consta dun curso personalizado de fotografía, así mesmo, inaugurárase a exposición de fotos que participaron este ano.

A exposición poderá visitarse do 19 de outubro ao 9 de novembro na Casa do Concello de Gondomar, despois rotará as todas as OMIX,s organizadoras.

 

comeza a viaxe

Comeza a convocatoria de probas para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

 

PROBAS CODIX

Luns, 15 Octubro 2018 17:07

Becas Amancio Ortega

Xa están disponibles ás becas Amancio Ortega para estudantes de 4º ESO que queran cursar 1º de bacherelato en Canada ou Estados Unidos.

Inscricións-Información: www.becas.faortega.org

BECAS AMANCIO ORTEGA

AULA DE TEATRO XOVE 12-30 ANOS
Ensaios todos os martes en horario de 18.30 a 20.30.
Inscricións OMIX Gondomar
Información 986.369.746

Xoves, 20 Setembro 2018 20:37

Curso Operario Industrias Alimentarias

Unha formación para a mocidade que lle dará as competencias básicas para o desenvolvemento das funcións de operario de industrias alimentarias na pequena, mediana ou gran empresa adicadas a fabricación directa de transformados alimentarios ou empresas de servizos e produtos auxiliares para o sector.

CONTIDO: ábrese o prazo de matrícula nos ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes.
DATAS: dende as 9:00 do 20 de setembro ata as 13:00h do 21 de setembro
REQUISITOS: cumprir os requisitos de acceso as ensinanzas correspondentes
MATRÍCULA: nos centros onde de se imparta ese ciclo , adxudicaránse as prazas por orde de chegada.
Información en
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/14997-prazas-libres-nos-ciclos-formativos-de-fpiclos-formativos-de-fp

Mércores, 19 Setembro 2018 22:32

Certame fotográfico Viaxando

Lembrade tedes ata o 26 de setembro para presentar a vosa fotografía ao Certame “ Viaxando” e gañar un curso personalizado de fotografía.

Convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) dos niveis 1, 2, 3 e 4, que tiveron lugar en maio e xuño de 2018. Tras constatarse un elevado incremento do número de persoas que se presentaron a estas, considérase necesario darlle continuidade á realización deste tipo de probas ao longo deste ano. É por iso que cómpre efectuar unha segunda convocatoria en 2018, co fin de satisfacer a demanda cidadá.

CONVOCA: XUNTA GALICIA. Axencia de Turismo e Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
CONTIDO: programa de actividades de educación non formal para desenvolver durante fins de semana en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural.O programa é gratuíto e sirve para adquisición da mocidade de competencias e habilidades , para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.
DESTINATARIOS: mozos/as entre 18-30 anos
INSCRICIÓNS: formulario de inscripción no enlace:
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?
a partir do 14 de setembro ata esgotar as prazas
RUTAS: Ecoturismo ( Ribadeo-Lugo); Xogando a Emprender (Fragas do Eume); Autocoñecemento 360º (Valdoviño-Coruña);Estadías creativas ( Seoane do Courel); Ecoturismo (Costa da Morte Coruña); Corpo emente (Covelo-Pontevedra); Descubre o Xures ( LimiaOurense); Emprendemento natural (Ancares-Lugo)
Información www.xuventude.xunta.es

CONVOCA: MINISTERIO EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL
CONTENIDO: se convocan becas y ayudas para alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo para el curso 2018/19. Las ayudas son:
- Ayudas para apoyos y atenciones educatvas derivadas de discapacidad o trastorno graves de conducta.
- Subsidios por necesidades educatvas especiales derivadas de una discapacidad o trastorno grave de conducta para familias numerosas.
- Ayudas para programas específcos complementarios a la educación reglada para alumnado asociado a altas capacidades intelectuales.
PLAZO: presentación solicitudes hasta 27/09/2018
Informa BOE 14/08/2018

Página 4 de 12

Rss