^ Ir arriba
Novas do OMIX

Novas do OMIX (167)

Xoves, 21 Xuño 2018 22:30

INSCRICIÓNS FP DUAL CURSO 2018/19

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca o prazo presentación de solicitudes para participar na modalidade de formación profesional FP DUAL, que combina a actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

Xoves, 21 Xuño 2018 22:25

PROBAS ACCESO ENSINANZAS DEPORTIVAS

A Consellería de cultuta, educación e ordenación universitaria convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas par o curso 2018/19.

Venres, 15 Xuño 2018 23:29

CURSO DJ e PERCUSIÓN

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro organiza dúas actividades centradas na música para o mes de xullo. A música en tódalas súas expresión é unha peza vital no desenvolvemento da mocidade, con ela fomentamos a creatividade e a comunicación.

Mércores, 13 Xuño 2018 22:40

PRAZAS EN RESIDENCIAS XUVENÍS

A Consellería de Política territorial convoca 220 prazas para mozos e mozas de 16 a 30 anos nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social por razón de estudo (ciclo formativo, bacharelato, estudos universitarios) ou traballo, que se vexa obrigada a permanecer fóra do Concello onde ten a súa residencia habitual.

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca o procedemento de adxudicación das prazas de residencia nos centros residencias docentes de A Coruña, Ourense e Vigo para alumnado que no curso académico 2018/19 inicie ou continúe estudos de bacharelato ou ciclos profesionais.

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científicotecnolóxica ou STEM ( ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) destinadas a alumnado matriculado en 3º e 4º da ESO en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia durante o curso 2017/18.

Sábado, 02 Xuño 2018 08:37

Taller de programación de videoxogos

Do 25 ao 29 de xuño, a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro organiza un taller de programación de videoxogos para os/as mozos/as de 12 a 17 anos.

A XUNTA GALICIA .CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA abre o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto para alumnado de 3º, 4º,5º e 6º Educación Primaria, 1º, 2º, 3º e 4º ESO; Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial, e Axudas para material escolar destinadas a alumnado de E.Primaria, ESO e E. Especial.

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL convoca axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para posta en marcha de proxectos planifcados e desenvolvidos polos/as mozos e mozas de Galicia.

Venres, 18 Maio 2018 14:50

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA VIAXANDO

Na casa do Concello, en Gondomar, poderás ver a creatividade da mocidade do Baixo Miño e Val Miñor.
Do 18 ao 31 de maio, temos no Concello de Gondomar a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao 11º Certame Fotográfico do ano 2017. Esta exposición reflexan inquedanzas, situacións cotiás, vivencias, intereses da mocidade.

Página 5 de 12

Rss